Violoncello
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O violoncello é un instrumento musical de corda friccionada pertencente á familia do violino e de tamaño e rexistro entre a viola e o contrabaixo. Tócase refregando un arco coas cordas e co instrumento suxeito entre as pernas do violoncellista. Componse de catro cordas afinadas a unha distancia de quinta xusta, sendo estas La(I)-Re(II)-Sol(III)-Do(IV), ou en notación absoluta, La3-Re3-Sol2-Do2, unha oitava máis grave que a viola.
O seu nome provén do italiano e quer dicir "violón pequeno"; o violón era un instrumento semellante ao contrabaixo. Os violoncellos comezaron a construírse a finais do século XVI pero non fixaron as súas medidas actuais até principios do século XVIII.
Tradicionalmente é considerado un dos instrumentos de corda que máis se asemella á voz humana. Ó longo da historia da música compuxéronse moitas obras para violoncello debido á súa gran importancia dentro do panorama musical, ó ser este un instrumento básico en moitas formacións instrumentais.
Índice |
[editar] Descrición
[editar] Xeralidades
As partes do violoncello son practicamente as mesmas que as do resto de instrumentos de corda friccionada. A caixa de resonancia, ou corpo do violoncello, está formada por unha tapa superior, unha tapa inferior, e unha "faixa", que é unha sección de madeira que une ambas tapas, creando unha caixa oca. No interior deste corpo se encontra o bastidor, que é unha estrutura de reforzo das tapas e serve para controla-la vibración, e o alma, variña transversal de madeira que une as dúas tapas do violoncello pola súa parte media, e serve para que o violoncello entre en resonancia coas cordas. Na tapa superior, se atopan dous orificios por onde sae o son, e chámanse efes (pola súa forma asemellada a esta letra) ou oídos. A ambos lados do corpo, hai dúas escotes, que son dúas concavidades que permiten unha mellor suxeición do instrumento coas xeonllos e, sobre todo, permiten que pase o arco e non choque co corpo cando se tocan as cordas máis laterais, neste caso, o do e o La, arredor desta caixa, na que se atopan o resto de estruturas.
Comezando dende arriba, primeiro se encontra a cabeza (coa voluta e o caravilleiro, onde están inseridas as caravillas, que serven para suxeita-las cordas), o mastro e o diapasón (sen trastes, como tódolos intrumentos da familia do violino, a diferenza da guitarra). Cara a metade do instrumento, se encontra o ponte e un pouco debaixo o cordal (que suxeita as cordas e axuda a afinar o violoncello xa que se atopan aí incluídas as chaves, pequenas pezas metálicas coa mesma función que as caravillas). Na súa parte inferior está encaixado o botón, de onde sae a pica, que é unha peza metálica, cuxa función é apoia-lo instrumento no chan e regular a súa altura para comodidade do violoncellista.
Aínda que en tamaño estandar profesional do violoncello é o do tamaño 4/4, existen instrumentos doutros tamaños, máis pequenos, como 3/4, ½, ¼ ou 7/8. Os violoncellos barrocos son algo máis pequenos que os modernos.
[editar] Ponte
A ponte é unha peza de madeira que se sitúa cara a metade a parte superior do violoncello e sobre o que se apoian as catro cordas. Ten que estar en posición perpendicular ó plano do violoncello e á mesma distancia das dous efes. Non está pegada nin cravada á tapa, senón que se suxeita grazas á presión que exercen as cordas. A súa parte superior, está curvada, o que fai que as catro cordas ó longo do mastro e o diapasón non se atopen no mesmo plano. As pontes dos violoncellos barrocos eran máis pequenas e tiñan a parte superior moito menos curva, o que facía que tódalas cordas estivesen nun mesmo plano. O principal inconveniente disto é que ó tocar unha corda, poderías tocar sen quere-las cordas adxacentes.
[editar] Cordas e afinación
As cordas noméanse de acordo á súa afinación: a primeira corda (contando dende a máis aguda á máis grave e de dereita a esquerda na imaxe) é la, a segunda corda é re, a terceira corda é sol e a cuarta corda é do Template:Audio. Igual cá viola, pero nunha oitava máis grave.
O rexistro do violoncello ocupa case catro octavas: vai dende o do2 (que se xera facendo vibrar -co dedo ou co arco- a corda máis grave ó aire, que significa sen apoiar ningún dedo sobre a corda no mastro) ata o a5 (na posición máis aguda da primeira corda a3). Ó emiti-las cordas do violoncello sons graves, as partituras non se adoitan escribir en clave de sol, senón que o máis común, é las escribi e las le en clave de Fa en cuarta, que é o símbolo que se ve na imaxe á esquerda as nota]]s. Pero é relativamente frecuente que para rexistros agudos empréguense outras claves, sobre todo a clave de do en cuarta, e clave de sol.
Nun principio, as cordas eran cordas de tripa, menos resistentes cás de metal, pero que daban unha sonoridade máis pura e cálida. Estas cordas foron usadas ata o século XX. A raíz da Segunda Guerra Mundial xeneralizouse o uso de cordas metálicas, máis resistentes e con maior sonoridade que as outras. Tamén hai cordas de nailon e outros materiais. Séguense fabricando cordas de tripa, xa que moitos intérpretes que teñen instrumentos barrocos ou que tocan música barroca consideran que a sonoridade con este tipo de cordas achégase moito máis á idea orixinal do compositor.
[editar] O arco
O violoncello tócase xeralmente cun arco, que está formado por unha vara de madeira sobre a que se tensan cerdas feitas de crinas de cabalo. Tamén se pode tocar coa punta dos dedos, utilizando a técnica chamada pizzicato ('beliscando'), en italiano. O arco está formado por unha cabeza, unha variña, e as cerdas.
A cabeza, é onde se encontra a noz, peza de ébano, con adornos de nácara para suxeita-las cerdas, e o parafuso, que serve para regular o grao de tensión das cerdas. A variña, é unha vara de madeira de pernambuco normalmente, cun extremo chamado punta, e o outro talón, onde se encontra a cabeza. As cerdas, adoitan ser unhas 250 aínda que o seu número pode variar. Pertence normalmente a cabalos macho, xa que os seus crinas adoitan estar máis limpas, e de cabalos de países nórdicos ou de climas máis fríos, xa que a súa resistencia e dureza é maior. A cor, en principio, non inflúe, aínda que asemella que as brancas son algo máis finas. Algúns violoncellistas e contrabaixistas usan cerdas negras porque din que imprime máis carácter á interpretación.
O arco foi evolucionando ó longo dos séculos. Xa se coñecía nas culturas máis primitivas, e chegou a Europa cara o século XI. Ó principio era unha mera vara que se dobraba pola tensión das cerdas cara fóra e que se agarraba polo centro. Practicamente non houbo ningún cambio ata o século XVII, cando se incorporou a noz ó talón para aumenta-lo peso do arco, ademais de permitir cambia-la tensión e que a vara se dobre cara dentro, o que mellora a calidade acústica. Cambiouse a convexidade do arco á súa forma actual no século XVIII. Foron Tourte e Villaume no século XIX os que fixaron o arco tal e como o coñecemos agora.
[editar] Materiais
A caixa de resonancia acostuma a estar construída con madeira de piñeiro para a tapa superior, e madeira de arce para o resto, pero tamén se utilizan outros tipos de madeira, como salgueiro, abeto ou cedro. Algúns violoncellos de baixa calidade están fabricados en laminado, e xa se construíron violoncellos en materiais plásticos. O mastro e a cabeza adoitan estar fabricados tamén nalgún tipo de madeira anteriormente mencionada. As caravillas, o diapasón e o cordal están fabricados en madeira de ébano. As chaves ou afinadores que se atopan no cordal son xeralmente de aceiro, ó igual cá pica, aínda que estas últimas aínda se seguen fabricando de madeira nalgúns casos.