Verán
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O verán é unha das catro estacións das zonas temperadas. Astronomicamente, comeza co solsticio de verán (arredor do 21 de decembro no hemisferio sur e o 21 de xuño no hemisferio norte), e remata co equinoccio de outono (arredor do 21 de marzo no hemisferio sur e o 21 de setembro no hemisferio norte). Aínda que, ás veces é considerado como os meses enteiros de decembro, xaneiro e febreiro no hemisferio sur e xuño, xullo e agosto no hemisferio norte.