Outono
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O outono é unha das catro estacións das zonas temperadas. Astronomicamente, comeza co equinoccio de outono (entre o 20 e o 21 de marzo no hemisferio sur e entre o 22 e o 23 de setembro no hemisferio norte), e remata co solsticio de inverno (arredor do 21 de xuño no hemisferio sur e o 21 de decembro no hemisferio norte). Aínda que, ás veces é considerado como os meses enteiros de marzo, abril e maio no hemisferio sur e setembro, outubro e novembro no hemisferio norte.
Na sociedade tradicional galega Outono é o nome que recibe o mes de Outubro.