Puntogal
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Puntogal é unha asociación sen ánimo de lucro cuxa finalidade é a creación dun dominio de internet patrocinado específico para a cultura galega. Constituíuse o 10 de xuño de 2006 e está formada por varias institucións e asociacións galegas; propón o uso do dominio de primeiro nivel .gal para as páxinas en galego e pretende levar esta proposta á ICANN. Está presidida por Manuel González González (director do Instituto da Lingua Galega e secretario da Real Academia Galega).