Teherán - تهران
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Teherán (تهران en farsi) é a capital de Irán. Localízase na aba do macizo de Alborz. Ten unha poboación de 9.000.000 (14.000.000 coa área metropolitana). Teherán é o centro industrial de Irán, concentra máis da metade das industrias do país. En 2001 o metro comezou a operar na cidade.
[editar] Historia
Teherán fundouse no século IX, tras a destrución de Ray polos mongois no século XIII pasou a ser o núcleo urbano máis importante de Persia. No século XVII converteuse na residencia da dinastía Safaví con Tahmasp I. Dende 1795 é a capital de Persia.