Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions Sonic Youth - Wikipedia

Sonic Youth

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Sonic Youth

Kim Gordon e Thurston Moore{{{caption}}}
Orixe Nova York
País Estados Unidos
Período 1981-actualidade
Xénero(s) Rock, noise
Selo(s) discográfico(s)
Membros Kim Gordon
Thurston Moore
Lee Ranaldo
Steve Shelley
Antigos membros Jim O'Rourke
Bob Bert
Richard Edson
Jim Sclavunos
Web oficial http://www.sonicyouth.com/


Sonic Youth é unha banda de rock estadounidense formada en Nova York no ano 1981. Actualmente é unha das bandas máis respetadas dentro da escena do rock alternativo.

Índice

[editar] Biografía

Sonic Youth pode ser considerado como un fenómeno musical, xa que o éxito e o recoñecemento que a banda ten é bastante improbable entre grupos que non teñen compromiso cos patróns musicais que actualmente imperan no mercado, e moito menos coa postura mainstream que gran parte dos grupos de éxito comercial ostentan hoxe en día. Todo o contrario. E talvez sexa por esa aversión a patróns e convencións reinantes, pola honestidade artística e coraxe de facer música pola música, sen medo a experimentar, e tamén pola actitude do "faino ti mesmo" que a banda sempre pregou, talvez sexa por eses motivos que Sonic Youth posúe unha lexión fiel de fans e o recoñecemento por parte dos medios, converténdose así nun icono da música e cultura alternativa estadounidense dos anos 80 e 90.

[editar] O nacemento da banda

Thurston Moore
Agrandado
Thurston Moore

A historia da banda comeza a finais da década dos 70, cando os movementos underground de Nova York proliferaban e chamaban a atención de moitos mozos artistas e músicos. Entre eses estaban Lee Ranaldo e Thurston Moore, que mudáranse á cidade interesados nalgunhas manifestacións musicais que se movían por alí, como a "No Wave" e o propio punk rock. Xuntos, eles tocaron na "guitar-opera" de Glenn Branca, que era un músico que organizaba presentacións onde había sempre moitas guitarras, chegando ás veces a ter seis tocando ao mesmo tempo. Tanto Ranaldo como Moore xa participaran en pequenas bandas alternativas anteriormente (a última de Ranaldo fora The Pluks e a de Moore The Coachmen).

No principio da década dos 80, Moore estaba saíndo coa baixista Kim Gordon, que tamén estaba interesada no rock alternativo e participara tamén nalgunhas bandas como CKM. Así non pasou moito tempo para que Moore e Gordon decidisen formar unha nova banda, influenciados polo escenario underground no que viviam e entusiasmados cos resultados que Glenn Branca acadaba coa súa "guitar-opera". A principios de 1981, Moore atópase de novo con Lee Ranaldo nun evento chamado Noise Festival, e alí o convida para ingresar na banda que el e Kim Gordon estaban montando. Ranaldo acepta de imediato e coa entrada do batería Richard Edson, nace Sonic Youth.

No verán de 1981, a banda comeza a participar en varios festivais no circuito alternativo local, contando coa teclista Ann DeMarinus. Ann non está moito tempo, e non chega a participar nas gravacións do primeiro traballo da banda, un EP autotitulado lanzado en 1982. O disco saíu pola discográfica de Glenn Branca, a Neutral Records, e é unha pequena mostra do que viría ser o son característico de Sonic Youth: algo bastante alternativo, con boas doses de experimentación e melodía.

[editar] Definindo o seu son

Sonic Youth
Agrandado
Sonic Youth

A principios de 1983, o batería Richard Edson deixa a banda para seguir a súa carreira de actor no cine, chegando incluso a participar nalgunhas produccións de éxito como Stranger Than Paradise (de Jim Jarmush), Do The Right Thing (de Spike Lee), Platoon (de Oliver Stone) e Good Morning Vietnam (de Barry Levinson). No seu lugar foi chamado Bob Bert, e é con esa formación coa cal Sonic Youth grava o seu primeiro LP, chamado Confusion is Sex, aínda en 1983. A banda continúa cun son bastante alternativo e libre de calquera rótulo específico, pero nótase unha influencia hardcore nos temas, con riffs e bases de guitarras máis pesadas e agresivas. Incluso, atopamos no disco unha versión dunha das bandas seminais do punk rock, os Stooges: "I Wanna be your Dog". E é así, agregando influencias do punk rock e do underground en xeral, aliadas ás experimentacións e sonoridades alternativas como Sonic Youth comeza a delinear o seu estilo bastante peculiar e creativo. As letras escritas por Moore e Gordon falan de morte, caos urbano, anarquía, relacións, preconceptos, etc. Aínda en 1983, despois de que Moore e Gordon casasen, a banda excursiona por Europa e alí, a través do selo alemán Zensor, lanzan o EP Kill Yr Idols.

[editar] Buscando un contrato

Durante 1984, mentres a banda continuaba a facer pequenos concertos, Moore esforzábase en atopar algún selo con mellor distribuición e maior alcance que aceptasse traballar con Sonic Youth. A banda estaba aos poucos gañando notoriedade e nese ano lanza pola Ecstatic Peace un cassete chamado Sonic Death: Sonic Youth Live, con cancións en directo. En 1985 Sonic Youth asina coa Blast First Records, un selo creado por Paul Smith, un dos donos da Doublevision Records. A esta última non lle gustaran moito as demos e os traballos de Sonic Youth e por iso non os contratou, pero Smith víu potencial na banda, e creou a Blast First para lanzar os discos do grupo.

O primeiro traballo polo novo selo sae aínda en 1985, é o disco Bad Moon Rising. A banda continuaba incorporando no seu son influencias de hardcore e punk rock, xunto coas xa características harmonías e arranxos non convencionais. Aínda así, a banda non soaba totalmente inaccesible e dirixida só para un público restrinxido, as estructuras musicais e melodías eran máis accesibles e elaboradas. O seu bo traballo nesa mestura de tendencias facía de Sonic Youth unha banda prometedora, non só no circuito alternativo, senón tamén con potencial de chegar a un público maior e menos específico.

Bad Moon Rising tivo bastante éxito, e a banda acaba recibindo varias propostas de selos que querían ter á banda no seu plantel. Sonic Youth acaba asinando coa SST, a mesma que levaba a algunhas bandas xa consagradas do escenario alternativo como Husker Du, Minutemen ou Black Flag. O primeiro disco pola SST é lanzado en 1986 e chámase Evol, xa contando na súa formación con aquel que convetiríase no seu baterista definitivo, Steve Shelley. Nel, as influencias punk máis agresivas foron deixadas un pouco de lado, e a banda utilizou melodías e arranxos máis convencionais, pero sen deixar de lado as experimentacións e distorsións que xa eran a marca rexistrada de Sonic Youth. Para pechar o ano de 1986, a banda grava a banda sonora da película Made in USA.

[editar] A madurez

A maduración musical e o recoñecemento por parte dos medios continúa co disco Sister, lanzado en 1987. Sonic Youth vai gañando aos poucos o rótulo de grande nome do escenario underground estadounidense, e comeza a ter máis exposición nos medios. A revista Rolling Stone convértese nun dos grandes fans da banda, publicando reseñas bastante positivas dos seus álbumes. Pero Sonic Youth non se deixa levar por todo iso, e continúa coa mesma postura diante do éxito inesperado. Sen abandonar as sonoridades alternativas e experimentacións en xeral, a banda segue facendo concertos incendiarios polos Estados Unidos e en outros países, e en 1988 lanza o seu 5º álbum de estudio, o aclamado Daydream Nation. Para moitos é o mellor disco de Sonic Youth, onde a banda encontrou o equilíbrio perfecto entre o experimentalismo e a melodía, entre as distorsións de guitarra coas harmonías marcantes. Cancións como "Silver Rocket" e "Teenage Riot" fixeron que a banda fose finalmente recoñecida como unha das mellores do escenario alternativo estadounidense. Obviamente non era un éxito radiofónico e comercial estrondoso, pero dado o estilo e a postura da banda, o éxito era relativamente significativo. Xunto co EP Master Dick, o disco Daydream Nation foi lanzado pola Enigma Records.

Aínda en 1988, Sonic Youth participa dun proxecto paralelo chamado Ciccone Youth (que conta co baixista Mike Watt, ex-Minutemen e Firehouse) e lanzan o disco The Whitey Album, unha especie de álbum conceptual-irónico sobre a cultura musical, que vai do Pop (versións de Madonna e Robert Plamer), á música contemporanea erudita (fan referencia á composición 4:22 de John Cage, a través do tema Silence), pasando polas influencias experimentais de Sonic Youth, que veñen do Krautrock alemán (Neu,Can).

[editar] Os anos 90

En 1990, despois de cambiar de selo novamente (a nova casa era a DGC Records, propriedade de David Geffen), a banda lanza o disco Goo, que confirmaba o bo momento do grupo. O álbum, que a banda produxo con total liberdade (garantida polo propio David Geffen), tamen tivo bastante éxito e tivo unha gran distribuición ao redor do mundo, levando o nome de Sonic Youth a lugares que nunca antes tiñan escoitado falar da banda. Para a divulgación de Goo, a banda participa dunha xira ao lado de Neil Young, que estaba divulgando o seu último disco chamado Ragged Glory. Em outros concertos, Sonic Youth aproveitaba para axudar a bandas novas do underground estadounidense, como por exemplo, os aínda descoñecidos Mudhoney, Pavement e Nirvana (que sería contratado por David Geffen no ano seguinte, por indicación de Moore).

A principios de 1992, a banda volta aos estudios para a gravación dun novo disco, desa vez contando coa axuda dun famoso produtor, Butch Vig. O resultado é Dirty, e con cancións como "Sugar Kane" e a politizada "Youth Against Fascim", Sonic Youth continúa o seu ascenso e cada vez é máis admirado, contando incluso coa exhibición exhaustiva dos seus clips na MTV. A identidade musical do grupo continúa nas mesmas, ou sexa, excelentes cancións con melodías creativas en perfecta convivencia coa experimentación.

Sonic Youth volve a a traballar con Butch Vig no disco Experimental Jet Set, Trash and No Star, lanzado en 1994. O álbum chega a alcanzar a posición 34 na lista dos máis vendidos nos Estados Unidos, e a 10ª en Inglaterra. Pero o traballo non ten a mesma aceptación de Daydream Nation e Dirty, e logo desaparece das listas citadas, non chegando a ter o relativo éxito comercial dos últimos álbumes. No novo disco a banda abusa nas experimentacións e arranxos pouco convencionais, deixando un pouco de lado a fórmula equilibrada e de bastante éxito dos discos anteriores. Aínda en 1994, o grupo decide tomarse un descanso polo embarazo de Gordon e mentres esperaba o nacemento do seu primeiro fillo, Moore grava un disco en solitario que é lanzado en 1995 pola propia DGC, baixo o título de Psychic Hearts.

De volta aos escenarios en 1995, a banda é a cabeza de cartel do festival alternativo Lollapalooza, e despois lanza un novo disco de estudio, Washing Machine. O disco recibe boas críticas por parte da prensa e ten máis éxito comercial que o seu antecesor.

En 1997, Sonic Youth inaugura en Nova York un selo propio chamado Smells Like Records (ou SYR). Através dese selo, a banda atopa unha canle máis axeitada para lanzar discos unicamente experimentais e instrumentais, sen preocuparse pola aceptación deles por parte do público e dos medios, cousa que eles non podían facer na Geffen ou en calquera outro selo grande por motivos óbvios.

Aínda en 1997, a banda comeza a producir un novo disco para a Geffen, que sae a finais de ano co título A Thousand Leaves. As guitarras de Moore e Lee e as voces de Gordon continúan sendo bastante creativos e espontaneos, e xunto a iso a banda volta a crear boas melodías e arranxos máis accesibles, facendo do disco un novo éxito comercial e consolidando máis aínda o estilo de Sonic Youth de facer rock alternativo.

[editar] 2000s

Na metade de 1999 o grupo volta aos estudios ao lado do produtor Jim O'Rourke para a gravación dun novo traballo lanzado pola Geffen. En febreiro de 2000 o disco está listo, sendo lanzado en maio baixo o título NYC Ghosts and Flowers. O disco tamén ten o equilibrio alcanzado pola banda en A Thousand Leaves, con boas melodías convivindo harmoniosamente con distorsións e experimentacións en xeral. Destaca tamén a arte gráfica do libreto, que ten fotos de Nova York sacadas por Lee Ranaldo, debuxos feitos por Kim Gordon e ilustracións do poeta beat William S. Burroughs. Parte do público e crítica consideraron o disco un pouco irregular, pero sen dúbida trátase dunha nova obra co selo da banda.

Con Jim O'Rourke oficialmente integrado a banda, Sonic Youth lanza en 2002 Murray Street, que considerase a volta de Sonic Youth á sonoridade que consagrou a banda. O'Rourke, que se convertíu no terceiro guitarrista do grupo, e Thurston Moore admitiron en entrevistas que Murray Street reflicte influencias de rock máis clásico no son do grupo. O resultado son melodías máis convencionais en comparación coas do disco anterior o que lle reportou á banda os eloxios máis entusiastas da crítica dende Dirty, de 1992. O álbum posúe algúns trazos que fan lembrar a traxedia ocorrida en Nova York o día 11 de setembro de 2001, cos atentados terroristas que derrubaron o World Trade Center. A banda tivo que suspender a gravación do álbum debido este acontecemento, ocorrido a pouca distancia do seu estudio.

En 2003, o grupo comeza a planexar o lanzamento de edicións especiais dos LPs dos seus catálogos. O primeiro en ser relanzado foi Dirty, que vem acompañado dun disco bonus de 16 temas.

En 2004, a banda lanza Sonic Nurse, que pecha unha triloxía iniciada cos dous álbumes anteriores. O disco é ben recibido polos fans e pola crítica, funcionando case como unha continuación natural de Murray Street.

Mentres tanto os relanzamentos de discos non paran, e despois da xira de divulgación de Sonic Nurse a banda volta aos estudio para retomar os traballos do seguinte álbum. Neste xa non contarían con Jim O'Rourke, que decidíu concentrarse noutras actividades. O novo disco lánzase en xuño de 2006 baixo o nome Rather Ripped. Desta vez a banda fai un álbum de cancións máis directas e melodiosas, obtendo unha moi boa recepción por parte da crítica e dos fans. No mesmo ano, son lanzadas versións especiais para os álbumes Psychic Hearts (disco en solitario de Thurstoon), The Whitey Album (do proxecto paralelo Ciccone Youth) e o EP de estrea da banda, de 1982.

[editar] Membros

[editar] Membros actuais

[editar] Antigos membros

[editar] Discografía

[editar] Álbumes

  • Confusion is Sex 1983 (Neutral) Relanzado pola Geffen en 1995 con Kill Yr Idols.
  • Bad Moon Rising 1985 (Homestead) Relanzado pola Geffen en 1993.
  • EVOL 1986 (SST) Relanzado pola Geffen en 1993
  • Sister 1986 (SST) Relanzado pola Geffen en 1993
  • Daydream Nation 1988 (Enigma) Relanzado pola Geffen en 1993
  • Goo 1990 (Geffen)
  • Dirty 1992 (Geffen)
  • Experimental Jet Set. Trash And No Star 1994 (Geffen)
  • Washing Machine 1996 (Geffen)
  • A Thousand Leaves 1998 (Geffen)
  • SYR4: Goodbye 20th Century 1999 (Sonic Youth Recordings)
  • NYC Ghosts And Flowers 2000 (Geffen)
  • Murray Street 2002 (Geffen)
  • Sonic Nurse 2004 (Geffen)
  • Rather Ripped 2006 (Geffen)

[editar] EPs

  • Sonic Youth 1992 (Neutral Records)
  • Kill Yr Idols 1993 (Zensor Records) Reeditado en CD con Confusion is Sex pola Geffen en 1995.
  • SYR1: Anagrama 1997 (SYR)
  • SYR2: Slaapkamers Met Slagroom 1997 (SYR)

[editar] Ligazóns

Páxina oficial da banda

Commons
Commons ten máis imaxes sobre:

Static Wikipedia (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu