Batería (instrumento musical)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En música unha batería é un instrumento musical de percusión, formado por unha serie de tambores e platos (ou címbalos), que se conforman nunha estrutura estandarizada. Todos os instrumentos os executa un só intérprete. Este instrumento, xunto co baixo, conforma a base rítmica da música popular.
Outra acepción incorrecta deste termo é utilizala co significado de baterista.