Singapur - 新加坡
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||||
Lema: Majulah Singapura (Malay: Onward, Singapore) |
|||||
Lingua oficials | Inglés, Chinés, Malaio e Tamil |
||||
Lingua nacional | Malaio | ||||
Capital | Singapur | ||||
Presidente | S. R. Nathan | ||||
Primeiro Ministro | Goh Chok Tong | ||||
Área - Total - % auga |
174º 692.7 kmA² 1.444% |
||||
Poboación - Total (Xullo 2003 est.) - Densidade |
115º 4,608,595 6751/km² |
||||
|
|
||||
Independencia - Data |
da Malaisia 9 de Agosto do 1965 |
||||
Moeda | Dolar de Singapur (S$, SGD) | ||||
Fuso horario | UTC +8 | ||||
Hino nacional | Maxulah Singapur | ||||
TLD (Internet) | .SG | ||||
Prefixo Telefónico | 65 |
Singapur é un minúsculo país do Sueste asiático que ocupa unha illa principal e alguns illotes secundarios ao longo do extremo sur da Península Malaia. Un canal estreito separa Singapur da Malaisia, a norte, e outro mais longo (o Estreito de Malaca) separaa de Indonesia, a sur. Capital: Singapur.
Índice |
[editar] Historia
A illa, que anteriormente se chamaba Tumasek, foi bautizada Singapura no século XIV polo príncipe Parameswara.
En 1819, Thomas Stamford Raffles tomou o control da cidade para facer frente á dominación comercial holandesa na rexión. En 1826, Singapur, Malaca e Penang constituen as colonias dos estreitos.
Durante a Segunda Guerra Mundial, a partir do 15 de febreiro de 1942 a illa cae baixo dominio do Imperio Xaponés, que a ataca desde terra aproveitando que as defensas da ciudad están orientadas contra o mar.
Tras a guerra, Lee Kuan Yew é elixido Primeiro Ministro. O seu partido, o Partido de Acción Popular (People's Action Party) propon enton a integración na Federación de Malaisia, o que consegue en setembro de 1963. Pouco despois, en 1964, as diferencias maniféstanse e a independencia da República de Singapur é proclamada o 9 de agosto de 1965.
[editar] Política
[editar] Subdivisións
[editar] Xeografia
[editar] Economia
Aínda que Singapur sexa un país extremadamente pequeno, sen recursos naturais e sen espazo para a agricultura a sua economía non pára de medrar. Asi como ocorre cos demais tigres asiáticos os principais produtos de exportación son máquinas e equipamentos eletronicos de última xeración.
Aínda que sexa unha potencia industrial e tecnolóxica, Singapur ten forte dependencia da importación de alimentos, enerxia e materias prima, alén de unha visible inestabilidade economica, unha vez que é un país extremadamente dependente de capital externo.
Os sectores de finanzas e de turismo tamén se teñen destacado moito. A bolsa de valores de Singapur é unha das mais importantes do mundo e o número de turistas, principalmente asiáticos ten medrado de xeito surprendente nos últimos anos.
[editar] Demografía
Despois de Mónaco, Singapur presenta a maior densidade de poboación do mundo. O 85% dos seus habitantes viven nas vivendas públicas chamadas HDB.
A diversidade étnica da poboación está moi marcada: os chinese representan o 76.8%; os Malaios o 13.9%, os indios o 7.9% e o resto proveñen de diversos países, principalmente occidentais.
[editar] Cultura
Sendo Singapur unha pequena e relativamente moderna amálgama de poboamentos chineses, malaios e indios, non se pode dicir que haxa unha cultura especificamente singapureana. Dun xeito enteiramente único, os vários grupos étnicos continuan a celebrar as suas próprias culturas. Singapur é probabelmente o único lugar do mundo onde se pode atopar un casamento malaio a ter lugar lado a lado cun casamento chinés, por exemplo. Os feriados principais reflicten o xeito en que a cultura local celebra esta diversidade. Ao contrario de moitas outras sociedades multiculturais, os feriados públicos principais incluen o Ano Novo do calendario xeorxiano, o ano novo chinés, o Hari Raya Haxi e o Deepavali.
[editar] Enlaces externos
Países do mundo | Asia |
Afganistán | Arabia Saudí | Armenia | Acerbaixán | Bahrain | Bangladesh | Brunei | Bután | Camboxa | Casaquistán | China | Corea do Norte | Corea do Sur | Emiratos Árabes Unidos | Filipinas | Xeorxia | Iemen | India | Indonesia | Irán | Iraq | Israel | Kuwait | Laos | Líbano | Maldivas | Malaisia | Mongolia | Myanmar | Nepal | Omán | Paquistán | Qatar | Quirguicistán | Singapur | Siria | Sri Lanka | Taxiquistán | Tailandia | Taiwán | Timor Leste | Turcomenistán | Turquía | Usbequistán | Vietnam | Xapón | Xordania |
Países con parte do seu territorio en Asia |