Serbia e Montenegro - Србија и Црна Гора
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
||
Lingua oficial | Serbio | |
Capital | Belgrado; O Tribunal Constitucional fica en Podgorica | |
Presidente1 | Svetozar Marović | |
Área - Total - % água |
105º maior 102,350 km² 0.25% |
|
Poboación
|
70º máis poboado
|
|
Independencia | Desintegración de Iugoslavia, 11 de abril de 1992; Nome actual dende o 4 de febreiro de 2003.
|
|
Moeda | Na Serbia, o dinar serbio, no Montenegro e no Kosovo, o euro | |
Fuso horario | UTC +1 (CET) | |
Himno Nacional | Hej Sloveni | |
TLD (Internet) | .yu | |
Compañia aérea | Jat Airways | |
Código telefónico | 381 | |
1Tamén Presidente do Consello de Ministros |
Serbia e Montenegro foi un estado federal situado nos Balcáns, descendente directo da Iugoslavia e composto polas repúblicas da Serbia e do Montenegro. Confinaba ao norte coa Hungría, ao este coa Romanía e a Bulgaria, ao sur coa Macedonia e a Albania e ao oeste co Mar Adriático (a través do cal contactaba coa Italia), a Bosnia - Hercegovina e a Croacia. Capital: Belgrado.
[editar] Historia
En 1992 a República Federativa de Montenegro e a República Federativa de Serbia decidiron establecer un estado conxunto, herdeiro da Iugoslavia socialista. Diante da imposibilidade de adoptaren o nome de República Federal Socialista de Iugoslavia, decidiron crear a República Federal de Iugoslavia.
No 2002 Serbia e Montenegro decidiron anovar a constitución nacional mudando oficialmente o nome a Unión de Serbia e Montenegro o 4 de febreiro de 2003. Aínda así, os símbolos nacionais -himno, bandeira e escudo- continuaron a seren os mesmos.
O 22 de maio de 2006 celebrouse en Montenegro un referendum no que os cidadáns montenegrinos residentes nesta república decidiron a independencia, o que levou á constitución dun estado propio e independente para Montenegro e á disolución da federación de Serbia e Montenegro.
Países do mundo | Europa |
Albania | Alemaña | Andorra | ARI Macedonia | Austria | Bielorrusia | Bélxica | Bosnia - Hercegovina | Bulgaria | Chequia | Chipre | Croacia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Islandia | Italia | Letonia | Liechtenstein | Lituania | Luxemburgo | Malta | Moldova | Mónaco | Montenegro | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | San Mariño | Serbia | Suecia | Suíza | Ucraína | Cidade do Vaticano |
Países con parte do seu territorio en Europa |