E.H.S.
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
E. H. S. é a abreviación de Escala de Habilidades Sociais. Foi elaborada por Elena Gismero González e pretende avaliar as capacidades que teñen os mozos e adultos para se relacionar con outras persoas, así como a capacidade asertiva que posúen. Consiste nun test que avalía 33 elementos por medio de 56 preguntas. Pode ser aplicado a nivel individual ou colectivo e dura entre 10 e 15 minutos.