Pataca
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Pataca | ||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | ||||||||||||||
|
||||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||||
Solanum tuberosum | ||||||||||||||
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos |
A pataca (Solanum tuberosum) é un tubérculo comestible que medra debaixo da terra. Atribúeselle orixe andina, onde recibe o nome de "papa", nome quechua.
Cultivada no Perú desde o VIII milenio adC, o berce da pataca estivo na fronteira peruano - boliviana pero a man e intelixencia incaicas tiveron moito que ver na multiplicación das súas variedades. Foron tamén eles os que desenvolveron a técnica para deshidratala, e apreciarona máis porque resiste moito tempo de almacenamento.
Segundo Santiago Antúnez de Mayolo, os poboadores do imperio incaico comían as patacas coa casca, porque estaban convencidos de que pelalas provocaba nelas un terrible pranto.
Cando os conquistadores chegaron a Sudamérica, ao principio rexeitaron o tubérculo, porque crían que se trataba dun vexetal velenoso. . Esta non sería a única acusación á que se enfrontarían as patacas, das que se dixo que eran fonte de luxuria, de lepra e doutras desordes e enfermidades. Os escoceses negáronse inicialmente a comela polo simple feito de non a atopar mencionada na Biblia.
A pataca foi introducida en Europa en 1573, e cara finais do século xa era un alimento común en Italia, Alemaña, Polonia e Rusia. Non en Francia onde só a beleza das súas flores permitiu que permanecese. Segundo se di, María Antonieta converteunas en adorno favorito para o seu cabelo. Hoxe a pataca é un dos cultivos máis importantes do planeta.
En España, agás nas Illas Canarias e a meirande parte de Andalucía e Galicia, chámaselle patata. No Perú e en xeral en América Latina, de onde provén, chámaselle papa.
O cronistaPedro Cieza de León, contemporáneo de Francisco Pizarro, describiuna en 1550 e crese que foi el quen a trouxo a España en 1554 como achado. En 1573 cultivouse no Hospital de Sevilla para alimentar os enfermos. Chegou a Roma no 1588; o naturalista Charles de l’Ecluse describea coma unha “pequena trufa” ou "tartuffoli". Seica foi levada a Inglaterra, desde a costa de Colombia, por Thomas Hariot cara a 1586, e máis tarde comezou a cultivarse en Irlanda aló polo século XVII. Neste século Europa sofre duras invernías que merman a produción agrícola e, a poboación sofre os estragos da fame. Isto incrementou a aparición das enfermidades e as guerras, reducindo sensiblemente a man de obra activa para o traballo agrícola. Estas dificultades prolongáronse durante o século XVIII, xerando a inestabilidade social e política de Francia. Neste contexto de fame e precariedade creouse a lenda en torno ao farmacéutico Antoine Parmentier, a quen se atribúe desacertadamente a popularización do consumo da pataca.
A variedade da pataca medrou de xeito exponencial debido á hibridación dende o descubrimento deste tubérculo herbáceo pola cultura occidental. A pataca florece na primavera e a principios do verán (segundo as zonas de cultivo).
[editar] Condicións de cultivo
As condicións de cultivo varían dependendo da especie e da variedade, pero en xeral dáse mellor en terras con alto contido en humus. A temperatura adecuada varía entre os 10 e 25 ºC. Non soporta temperaturas inferiores aos 0 ºC. e a xeada quéimaa a -5 ºC. No seu lugar de orixe, Perú, este tubérculo plántase en altitudes de ata 4.200 metros. Perú é o país que máis variedades ofrece, cerca de catro mil.
A produción anual a nivel mundial estimouse en 300 millóns de toneladas (ano 2000), China converteuse no maior produtor de pataca ao desaparecer a Unión Soviética.
[editar] Composición
Tendo en conta que a composición sofre variacións dunhas especies a outras (e tamén depende da terra de cultivo), a pataca componse aproximadamente dun 75% de auga, 2% de substancias nitroxenadas, 0,15% lípidos, 20% de fécula e 1% de celulosa. En determinadas condicións, a pataca acumula un alcaloide, chamado solanina, que lle dá un sabor amargo e unha coloración verdosa. Esa parte verde débese eliminar, pois non é saudable.
[editar] Outros usos
- Vodka
- Chuño: subproduto da pataca que se obtén por conxelación.