Ourizo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ourizo é a envoltura espiñenta que recobre o froito do castiñeiro.
Este froito, típico do outono é o centro de atención das festas do Magosto, que se celebran entre os meses de outubro e novembro, xusto cando os ourizos, normalmente maduros e de cor amarela, caen dos castiñeiros formando auténticas alfombras no chan dos soutos. Ata non hai moitos anos, a xente conservabaos no mesmo souto onde se recollían nunha construción de pedra chamada ouriceira (ou uriceira).
[editar] Vexa tamén
- castaña
- ourizo cacho