Neve
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Precipitación formada por auga que en Galiza acostuma producirse en inverno en lugares con certa altitude (raramente a nivel do mar).
A neve é un fenómeno meteorolóxico consistente na precipitación de pequenos cristais de xeo. Os cristais de neve adoptan formas xeométricas con características fractais e agrúpanse en folerpas. Xa que está composta por pequenas partículas ásperas é un material granular. Normalmente ten unha estrutura aberta e suave, excepto cando é comprimida pola presión externa.
A neve fórmase comunmente cando o vapor de auga experimenta unha alta deposición na atmosfera a unha temperatura menor de 0°C (32°F), e posteriormente cae sobre a terra. A neve tamén se pode fabricar usando os canóns de neve, que consisten en aparellos que crean granciños minúsculos de xeo similares a unha fina saraiba.
Nevou en Arzúa |
Nevando en Madrid |
Valtavaara, Kuusamo, Norte de Finlandia |
Tren atrapado pola neve (Minesota, 29 de marzo de 1881) |