Nelson Mandela
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nelson Mandela | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | Nelson Rolihlahla Mandela | ||
Data de nacemento: | 18 de xullo de 1918 | ||
Lugar de nacemento: | Mvezo, Sudáfrica | ||
Data de falecemento: | |||
Lugar de falecemento: | , | ||
Partido político: | Congreso Nacional Africano |
||
Cargo(s): | Presidente de Sudáfrica (1994 - 1999) | ||
Profesión: | Político |
Nelson Rolihlahla Mandela, (nado en Mvezo o 18 de xullo de 1918) expresidente deSudáfrica, foi un dos principais activistas contra do apartheid.
Índice |
[editar] Primeiros anos
Fillo do xefe da tribo xhosa de Tembo, viviu na vila de Qunu os seus primeiros anos, aos sete anos, Rolihlahla Mandela foi o primeiro membro da súa familia en acudir á escola, onde un mestre metodista deulle o nome de Nelson. O seu pai morreu cando el tiña 10 anos e Nelson foi a unha escola misional wesleiana próxima ao pazo do rexente. Seguindo as tradicións xhosa foi iniciado aos 16 anos, e comezou o instituto, aprendendo sobre a cultura occidental, rematándoo en dous anos no canto dos tres habituais.
En 1934 comeza os seus estudos universitarios na Universidade de Fort Hare, onde coñece a Oliver Tambo, no final do seu primeiro curso participa no boicot do consello dos estudantes contra da política universitaria sudafricana e ten que deixar a súa universidade para continuar os seus estudos por correspondencia na Universidade de Sudáfrica en Johannesburgo ata que se pode matricular na Universidade de Witwatersrand.
[editar] Actividade política
Como estudante, Mandela participa na oposición política ao goberno da minoría branca que negaba os dereitos políticos, sociais e económicos da maioría negra de Sudáfrica. En 1942 ingresa no Congreso Nacional Africano (African National Congress), en 1944 funda xunto a Walter Sisulu e Oliver Tambo as súas mocidades.
Despois da vitoria en 1948 do Partido Nacional (National Party ou Nasionale Party) e a institunalización da súa política de apartheid e segregación racial, Mandela entrou na executiva en 1949 do CNA e foi un dos líderes da campaña de desobediencia cial do Congreso Nacional Africano de 1952 que consistía en violar en lugares e ocasións concretas as restriccións que impuña o apartheid, pero diante os arrestos masivos abandónase esta política, no Congreso Popular de 1955, adóptase a Carta da Liberdade, programa fundamental da causa antiaparteheid.
O 5 de decembro de 1956 el e outros 150 activistas antiapartheid foron detidos acusados de alta traición, non foi liberado ata 1961, por falta de probas.
Mandela acepta a loita armada despois da Masacre de Shaperville (marzo de 1960) na que a policia sudafricana disparou contra de manifestantes desarmados, matando 69 persoas e ferindo outras 180. A aceptación da actividade armada seguíulle a prohibición do CNA e outros grupos antiapartheid polo goberno sudafricano.
[editar] Na cadea
En 1961 converteuse en comandante da organización armada do CNA, Umkhonto we Sizwe. Coordinou a campaña de sabotaxe contra obxectivos militares, gobernamentais e civís e fixo plans para organizar unha posible guerra de guerrillas se a campaña de sabotaxes fracasaba para rematar co apartheid.
Arrestado o 5 de agosto de 1962, o 25 de outubro foi condeado a cinco anos de prisión.
Mentres Mandela permanecía en prisión, a policía arrestou a prominente líderes do CNA ( Ahmed Kathrada, Walter Sisulu, Govan Mbeki, Andrew Mlangeni, Raymond Mhlaba, Elias Motsoaledi, Walter Mkwayi, Arthur Goldreich, Dennis Goldberg ou Lionel "Rusty) o 11 de xullo de 1963 en Liliesleaf Farm, Rivonia. No xuízo todos, agás Rusty Bernstein foron condeados a cadea perpetua o 12 xuño de 1964 (Walter Mkwayi e Arthur Goldreich fuxiran durante o xuízo). Durante os seguintes 36 anos, Mandela convetiuse no símbolo da oposición ao apartheid, ata o punto que o lema, Liberdade para Nelson Mandela (Free Nelson Mandela) converteuse nun berro para todas as campañas anti-apartheid do mundo.
Mandela rexeitou a súa liberación a cambio de renunciar á loita armada, e permaneceu en prisión ata o 11 febreiro de 1990 por orde de F.W. de Klerk, presidente de Sudáfrica atendendo ás presións internacionais, ao tempo que puña fin á prohibición do CNA. En 1993 Madela e de Klerk recibiron o Premio Nobel da Paz.
[editar] Presidencia do CNA e de Sudáfrica
Como presidente do Congreso Nacional Africano (xullo de 1991 - decembro 1997), Mandela concorreu ás eleccións para a presidencia de Sudáfrica, por ampla maoioría converteuse o primeiro presidente negro do país (maio de 1994).
Mandela presidiu o desmantelamento definitivo das institucións do apartheid, e gañou o respecto internacional pola súa política de reconciliación, malia iso non foi capaz de facer fronte ao problema da sida e foi criticado pola súa amizade con líderes como Fidel Castro ou Moammar Al Gadhafi ou por enviar tropas sudafricanas para evitar un golpe de estado en Lesotho en 1998.
[editar] Retiro da política
En xuño de 1999 ao finalizar o seu mandato como presidente, Mandela virou a súa actividade cara accións sociais e de defensa dos dereitos humanos, recibindo numerosas condecoracións e premios.
En 2003 atacou a política exterior de George Bush, en especial a súa actitude cara Iraq.
En xuño de2004, Mandela anunciou a súa retirada da vida pública.