Segregación racial
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Segregación racial consiste a separación de grupos de poboación considerados "racialmente diferentes" de forma institucionalizada, o que implica a miúdo unha presunción de inferioridade biolóxica ou cultural. O apartheid é a forma máis coñecida de segregación racial, pero non é a única, houbo e hai segregación racial en múltiplas épocas e en diversos países do mundo, dende a colocación dos xudeus en guetos en Europa, os palestinos en campos de refuxiados en Israel, os indíxenas nos países latinoamericanos, empuxados ás terras estériles ou inhóspitas, e especialmente en Estados Unidos, onde os negros e outros grupos raciais vense obrigados a vivir en determinados lugares.