Michigan
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||
Lema: Wolverine State; Great Lakes State | |||
Outros Estados dos EUA | |||
Capital | Lansing | ||
Maior cidade | Detroit | ||
Gobernador | Jennifer Granholn | ||
Lingua oficial | Inglés | ||
Área | 250 941 km² (11º maior) | ||
- Terra | 147 255 km² | ||
- Auga | 103 687 km² (41,3%) | ||
Poboación (2000) | |||
- Poboación | 9 938 444 (8º máis populoso) | ||
- Densidade | 67,55 /km² (15º máis denso) | ||
Entrada na Unión | |||
- Data | 26 de xaneiro de 1837 | ||
- Orde | 26º | ||
Fuso horario | Leste:UTC-5/-4 | ||
Latitude | 41°41'N - 47°30'N | ||
Lonxitude | 82°26'O - 90°31'O | ||
Largo N-S | 790 km | ||
Ancho E-O | 385 km | ||
Altitude | |||
- Altitude media | 275 m | ||
- Punto máis elevado | 603 m | ||
- Punto menos elevado | 174 m | ||
Abreviacións | |||
- USPS | MI | ||
- ISO 3166-2 | US-MI | ||
Ligazón externa | www.michigan.gov |
Michigan é un dos 50 Estados dos Estados Unidos da América. Michigan é un dos líderes nacionais da industria de manufaturación. A capital nacional da industria automobilística está localizada na maior cidade do estado, Detroit. O Estado é o maior produtor de coches e camións dos Estados Unidos.
Michigan limita con catro dos cinco Grandes Lagos. O seu litoral posúe 5 292 quilómetros de extensión. Michigan pode ser dividido en dúas áreas distintas - a Península Superior e a Península Inferior, conectadas entre si apenas por unha ponte de 8 quilómetros de lonxitude. A orixe do nome Michigan ven dunha palabra chippewa, "michigama", que significa "Gran Lago". Michigan foi colonizado primariamente polos franceses. A colonización francesa da rexión foi limitada, porén. A Francia cedeu Michigan ao Reino Unido en 1764. En 1783, despois do fin da Revolución Americana de 1776, Michigan pasou a facer parte dos Estados Unidos, tornándose parte do Territorio do Noroeste en 1787, un territorio independente en 1805, e elevado á categoría de estado en 26 de xaneiro de 1837.
Índice |
[editar] Historia
: Vexa Historia de Michigan
[editar] Xeografía
Michigan limita ao norte co Lago Superior, a leste co Lago Huron, ao sur cos Estados americanos de Indiana e Ohio, e a oeste co LagMichigan. A provincia canadense de Ontario está localizada ao norte, a leste e no extremo sueste de Michigan, os Estados americanos de Wisconsin e Illinois están localizados a oeste e Minnesota está localizado no noroeste de Michigan. Detroit, localizado ao norte da cidade canadense de Windsor, é a única grande cidade americana localizada ao norte dunha grande cidade canadense.
Michigan posúe o litoral máis extenso dos 48 Estados contiguos dos Estados Unidos, e o segundo máis extenso do país, atrás soamente do Alasca. O seu litoral mide uns 5 292 quilómetros ao longo dos Grandes Lagos (contándose preto de mil quilómetros de litoral formado por illas localizadas nestes Grandes Lagos). O Estado localízase á beira de todos os Grandes Lagos a excepción do Lago Ontario. Michigan, alén diso, posúe preto de 11 mil lagos. Ningún punto do estado está localizado a máis de 10 quilómetros dun lago calquera. Cerca de 58 mil quilómetros de ríos cortan o estado. Os bosques cobren preto da metade do estado.
Michigan está dividido en dúas grandes penínsulas, polo Estreito de Mackinac. A Península Superior é a menor das dúas penínsulas, localizada no noroeste do estado. En comparación co resto do estado, é pouco habitada, con apenas 325 mil habitantes. Por contra, a Península Inferior está moi habitada, vivindo nela cerca do 97% da poboación. Estas penínsulas só están conectadas entre si pola Ponte Mackinac.
Xeograficamente, Michigan pode ser dividido en dúas rexións:
- A Meseta Superior cobre o extremo noroeste do Estado, ou o oeste da Península Superior. Esta rexión posúe un terreo moi accidentado. O punto máis alto do estado, o Mount Coorwood, localizase nesta rexión, cos seus 603 metros de altitude. Esta rexión é moi rica en cobre e en ferro.
- As Planicies dos Grandes Lagos ocupan a maior parte de Michigan. Esta rexión caracterizase pola súa baixa altitude, de ata 174 metros á beira do Lago Erie. Esta rexión é rica en pantanos, ríos e lagos, e o seu solo é moito fértil.
[editar] Clima
Michigan posúe un clima temperado húmido, con catro estacións ben definidas. Os veráns son lenes debido á presenza de grandes masas de auga na rexión, en canto que os invernos son fríos. A temperatura cae á medida en que se viaxa para o norte.
No inverno, a temperatura media no inverno na rexión sur de Michigan é de -6°C, de -9°C na rexión central, e de -12°C na Península Superior. A media das mínimas é de -10°C, e a das máximas de -1°C. Mínimas varían entre -40°C e 8°C, e máximas, entre -35°C e 15°C. A temperatura máis baixa xa rexistrada no Estado é de -46°C, rexistrada en Vanderbilt, en 9 de febreiro de 1934.
No verán, a temperatura media é de 22°C no extremo sur, de 20°C na rexión central e de 18°C na Península Superior. A media das mínimas é de 14°C, e a media das máximas é de 26°C. Máximas poden alcanzar ata 40°C na rexión sur, e 34°C na Península Superior. A temperatura máis alta xa rexistrada no Estado foi de 44°C, rexistrada en Mio, en 13 de xullo de 1932.
A precipitación media anual de Michigan é de 80 centímetros, variando entre 95 centímetros anuais na Península Superior e no extremo suroeste do estado, ata 68 centímetros no nordeste do Estado. O sur de Michigan recebe preto de 100 centímetros de neve anualmente, en canto que a Península Superior recebe preto de 400 centímetros anuais.
[editar] Política
A actual Constitución foi adoptada en 1964. Outras máis antigas foron aprobadas en 1835, 1850 e 1908. As emendas á constitución son propostas polo Poder Lexislativo, e para ser aprobada, precisa recibir ao menos o 51% do Senado e da Casa dos Representantes, e entón dous terzos dos votos da poboación electoral. A poboación do Estado tamén pode propor emendas á Constitución a través da recollida dun certo número de sinaturas. Cando esta proposta asinada é aceptada polo goberno, para ser aprobada, precisa recibir aprobación de ao menos un cuarto dos membros de ambas as cámaras do Poder Lexislativo de Michigan, e entón ao menos 51% dos votos en referendo. As emendas tamén poden ser propostas e introducidas por convencións constitucionais, que precisan recibir ao menos 51% dos votos de ambas as cámaras do Poder Lexislativo e dous terzos dos votos da poboación electoral.
O principal oficial do Poder Executivo en Michigan é o gobernador. Este é electo por mandatos de 4 anos. Unha persoa pode ser exercer apenas dúas veces o cargo de gobernador. Outros oficiais do executivo que son escollidos polo gobernador - Tesoureiro, Secretario de Estado, Tenente Gobernador (vice-gobernador), tamén serven en termos de no máximo 4 anos. Como o gobernador, poden exerceren apenas dúas veces.
O Poder Lexislativo de Michigan consta do Senado e da Casa dos Representantes. O Senado posúe un total de 38 membros, en canto que a Casa dos Representantes posúe un total de 110 membros. Michigan está dividido en 38 distritos senatoriais e 110 distritos representativos. Os electores de cada distrito elixen a un senador/representante. O termo dos senadores é de 4 anos e o termo dos representantes é de 2 anos.
A corte máis alta do Poder Xudicial é a Corte Suprema de Michigan. Os oito xuíces da Corte Suprema son electos pola poboación do estado para mandatos de 8 anos. A segunda maior corte de Michigan é a Court of Appeals, composta por sete xuíces, 4 cortes distritais e 57 cortes rexionais.
Michigan está dividido en 83 condados. Estes condados, pola súa vez, están divididos en municipalidades (townships). Máis da metade do orzamento do estado provén de impostos estadais; o resto vén do goberno nacional.
[editar] Demografía
|
|
De acordo co censo nacional de 2000, a poboación de Michigan en 2000 era de 9 938 444 habitantes. Unha estimativa realizada en 2004 aumenta este número para 10 112 620. Deles, un 5,9% (594 700 habitantes) non naceron nos Estados Unidos. Os maiores grupos de inmigrantes do Estado son canadenses, mexicanos, indianos e iraquianos. Entre 1990 e 2000, a poboación do estado creceu un 7%; e entre 1990 e 2004, 8,8%.
Cerca do 82% da poboación vive en 9 rexións metropolitanas. Estas rexións metropolitanas son Ann Arbor, Benton Harbor, Detroit, Flint, Grand Rapids-Muskegon-Holland, Jackson, Kalamazoo-Battle Creek, Lansing-East Lansing e Saginaw-Bay City-Midland.
A maior parte da poboación habita a Península Inferior de Michigan. A densidade populacional media é de 17 habitantes por quilometro cadrado. Porén, na Península Inferior, esta media é de 230. Xa na Península superior, a densidade media é de apenas 8 hab./km².
[editar] Etnias
- 80,2% Brancos
- 14,2% Afroamericanos
- 1,8% Asiáticos
- 0,6% Nativos indíxenas
- 1,9% Dúas ou máis razas
As cinco maiores etnias do Estado son alemáns (que forman 20,4% da poboación do estado), afroamericanos (14,2%) irlandeses (10,7%), ingleses (9,9%) e poloneses (8,6%). Outras etnias minoritarias son franceses, neerlandeses e italianos. 3,3% da poboación do Estado son hispánicos, categoría que pode incluír membros de calquera raza.
Os americanos de descendencia alemá están presentes en todas as rexións. escandinavos (especialmente finlandeses), británicos e franceses posúen unha notábel presenza na Península Superior. No oeste do Estado coñécese a orixe neerlandesa de moitos dos seus habitantes. Michigan posúe a maior concentración de neerlandeses de calquera estado americano. A rexión metropolitana de Detroit posúe moitos habitantes de descendencia polonesa, irlandesa, italiana e árabe. Os afroamericanos son maioría na cidade de Detroit.
[editar] Relixión
- Porcentaxe da poboación de Michigan por relixión
- Protestantes – 58%
- Igrexa católica romana – 23%
- Outras afiliacións cristiás – 1%
- Mulsumáns – 2%
- Xudeus – 2%
- Outras relixións – 1%
- Non-relixiosos – 15%
[editar] Principais cidades
Cerca de 75% da poboación de Michigan vive en áreas urbanas. O restante vive en áreas rurais.
- Detroit (Tamén coñecida como "Motor City" ou "Motown").
- Grand Rapids (Tamén coñecida como The Furniture City).
- Warren
- Flint (Cidade onde foi criada a General Motors, tamén coñecida como "Vehicle City")
- Sterling Heights
- Lansing (capital do estado).
- Ann Arbor (sede da Universidade de Michigan)
- Livonia
- Dearborn (sede da Ford Motor Company; local de nacemento de Henry Ford)
Outras importantes cidades son:
- Battle Creek (Cereal City U.S.A.)
- Bay City (maior porto no Río Saginaw)
- Marquette (Maior cidade da Península Superior, cos seus 19,661 habitantes).
- Traverse City
- Midland
- Frankenmuth
- Holland
- East Lansing (Sede da Universidade Estatal de Michigan)
- Saginaw
[editar] Economía
O produto interno bruto de Michigan foi de 365.000 millóns de dólares. A renda per capita do Estado, pola súa vez, foi de 31.178 dólares, o vixésimo maior do país.
O sector primario representa o 1% do PIB de Michigan. O Estado posúe 52 mil facendas, que ocupan preto de 35% do Estado. A agricultura e a pecuaria representan xuntas o 0,92% do PIB, e empregan aproximadamente 128 mil persoas. Michigan é un líder nacional da industria agropecuaria. Os principais produtos agropecuarios producidos no Estado son trigo, soia, mazá, millo, bovinos - carne e leite. A pesca e a industria madeireira responden xuntas por 0,08% e empregan aproximadamente a 4 mil persoas.
O sector secundario representa o 32% do PIB. O valor total dos produtos fabricados no Estado é de 96 000 millóns de dólares. Os principais produtos industrializados fabricados no Estado son automóbiles, camións, ómnibus, maquinaria e produtos químicos. Detroit é un dos maiores pólos da industria automobilística do mundo, feito que lle rendeu o cognome de A Capital do Automóbil. O Estado produce máis coches, camións e ómnibus que calquera outro Estado americano. A industria de manufactura representa o 26% do PIB, empregando aproximadamente 1 millón de persoas. A industria de construción representa o 5% do PIB e emprega aproximadamente 300 mil persoas. O 2% do PIB provén da xeración de electricidade, sector que emprega preto de 35 mil persoas. O 70% da electricidade é producida en centrais de carbón, e o restante en centrais de gas natural ou en hidroeléctricas. A minería representa o 1% do PIB, empregando preto de 14 mil persoas. Os principais recursos naturais extraídos no Estado son ferro, gas natural, petróleo e cobre.
O sector terciario representa o 67% do PIB. Cerca de 20% do PIB vén de servizos comunitarios, persoais e comerciais. Este sector emprega a máis de 1 millón de persoas. O comercio por atacado e varexo representa o 17% do PIB, e emprega aproximadamente a 1,3 millón de persoas. Finanzas responden por máis de 14% do PIB, empregando aproximadamente a 375 mil persoas. O comercio de Michigan é axudado polo turismo, que se tornou unha fonte de renda importante a partir da década de 1960. Os servizos gobernamentais representan un 10% do PIB, empregando aproximadamente 680 mil persoas. Transportes e telecomunicacións empregan 175 mil persoas, e representan un 5% do PIB.
[editar] Educación
As primeiras escolas de Michigan foron fundadas por misioneiros católicos franceses, durante o século XVII, co intento de converter os indíxenas da rexión ao catolicismo e asimilar estes indíxenas á cultura occidental. As primeiras escolas públicas vo foron fundadas en 1798. En 1827, o estado aprobou unha lei que facía obrigatoria a criación dun sistema escolar público en toda municipalidade do estado. Inicialmente, estes sistemas escolares eran fundados polas municipalidades. A partir de 1837, o estado pasou a fornecer regularmente orzamento á estes sistemas escolares públicos.
Actualmente, o Consello de Educación de Michigan dita regras e padróns para todas as insticións educativas do Estado. Cada cidade, municipalidade ou condado administra os seus propios distritos escolares. Estes distritos escolares administran as escolas localizadas dentro do distrito, e receben ingresos primariamente a través de impostos na cidade ou condado, e mais do goberno estadal. Todos os nenos entre 6 a 16 anos deben asistir á escola.
A primeira biblioteca pública de Michigan foi fundada en 1828, en Detroit. Michigan posúe preto de 50 universidades, 30 faculdades comunitarias e 10 seminarios e escolas politécnicas. As principais institucións de educación superior do Estado son a Universidade de Michigan e a Universidade Estatal de Michigan
[editar] Transportes e telecomunicacións
Michigan posúe preto de 200 mil quilómetros de estradas e autoestradas. A Ponte Mackinac é o único medio de acceso directo entre a Península Superior e a Península Inferior de Michigan. Esta ponte é a terceira ponte de suspensión máis longa do mundo, cos seus 8 quilómetros de lonxitude. Detroit é o principal pólo ferroviario, viario, aeroportuario e portuario do estado.
O portos con máis movemento do Estado é o porto de Detroit. Outro centro portuario importante é Sault Ste. Marie. Estes portos son importantes para o transporte de mineiros extraídos no interior e na Península Superior de Michigan, ben como automóbiles, camións e vehículos producidos na rexión metropolitana de Detroit, para outras rexións. O Canal de Soo conectan o Lago Superior cos demais Grandes Lagos.
Seis compañías ferroviarias fornecen servizo de transporte de carga a través de ferrovías, e dúas ofrecen servizo de transporte de pasaxeiros. O aeroportocon máis tráfico é o Aeroporto Metropolitano de Detroit.
Publícanse en Michigan preto de 400 xornais (dos cales preto de 50 son diarios), e 350 periódicos. O estado posúe preto de 300 emisoras de radio, 30 de televisión e outras 40 de televisión por cabo.
[editar] Artigos relacionados
[editar] Ligazóns Externas
Divisións políticas dos Estados Unidos | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
|