Matsuyama - 松山市
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Matsuyama (松山市) é a capital da prefectura de Ehime, na illa de Shikoku, Xapón. Localizada no noreste da chaira de Dogo, ten 512.982 habitantes. A cidade fortificouse ao comezo do século XVII, son famosas as súas caldas, entre as que destaca a de Dogo Onsen, a máis antiga do Xapón. O 1 de xaneiro de 2005, a cidade de Hojo e a vila de Nakajima uníronse á cidade de Matsuyama.