Prefectura de Ehime
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ehime (愛媛県) é unha prefectura do noroeste de Shikoku, no Xapón. A capital é Matsuyama. A prefectura cobre 5.676'44 km², nos que viven 1.493.126 habitantes.
Ata a revolución Meiji coñeciase á prefectura como a provincia de Iyo. Dende antes do período Heian a área estaba dominada por mariñeiros que xogaron un importante papel na súa defensa do Xapón contra os piratas e as invasións mongois.
Despois da batalla de Sekigahara, o shogún Tokugawa deu a área aos seus aliados, entre os que destaca Kato Yoshiakira que consstruiu o castelo de Matsuyama, que se converteu na base da moderna cidade de Matsuyama.