Luis Cernuda
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Luis Cernuda Bidón (Sevilla 1902 – México 1963) foi un poeta español, membro da xeración do 27.
Fillo dun militar, licenciouse en dereito pola Universidade de Sevilla, dedicado á poesía obtivo a cátedra de español da Universidade de Toulouse, posteriormente domiciliouse en Madrid e durante a guerra civil española trasladouse a Inglaterra, e viviu en Francia, Escocia, Estados Unidos ata que en 1952 fixa a súa residencia en México.
[editar] Obra
A súa é unha poesía de meditación, en 1927 publica as súas primeiras poesías, co título de Perfil del aire e Égloga, elegía, oda onde homenaxea á tradición clásica.
Con Un río, un amor e Los placeres prohibidos escritos entre 1929 e 1931 únese ao surrealismo, ao tempo que se rebela contra a orde establecida e reinvindica abertamente a homosexualidade. La realidad y el deseo (1936, edición definitiva 1964) é a súa principal obra, que comezou a escribir a comezos dos anos 1930s e que continou ata a súa morte, Cernuda explora o desexo, o amor, a historia e a sexualidade en poemas con influencias que van do romanticismo e o clasicismo ao surrealismo.
En Las nubes (1940 e 1943) desenvolve o tema da guerra civil.
En México desenvolve a súa última etapa poética, Variaciones sobre tema mexicano, 1952, Vivir sin estar viviendo (1944-49) e Con las horas contadas, de 1950-56, son os principais libros, nos que substitúe a musicalidade elegante, garcilasiana por un ritmo seco, duro e renuncia á ornamentación en favor do concepto, este estilo acada a súa plenitude en Desolación de la Quimera (1962).