Amor
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Sentimento que ten unha persoa por outra cando sente por ela algo máis que un simple afecto. É un sentimento máis ou menos intenso do ser humano que, a partir da súa propia insuficiencia, necesita e busca o achegarse e unirse con outro ser.
Dinos a este respeito o poeta portugués Luis de Camões:
Amor é fogo que arde sen se ver;
É ferida que doe e non se sente;
É un contentamento descontente;
É dor que desatina sen doer;
É un non querer máis que ben querer;
É solitario andar por entre a xente;
É nunca contentarse de contente;
É coidar que se gaña en se perder;
É querer estar preso por vontade;
É servir a quen vence o vencedor;
É ter con quen nos mata lealdade;
Mais como causar pode seu favor
Nos corazóns humanos amizade,
Se tán contrário a si mesmo é o amor?