Lingua azerí
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O idioma azerí, tamén chamado acerbaixano, é o idioma oficial de Acerbaixán. Os falantes deste idioma denomínano azərbaycanca. Presenta varios dialectos falados en varios países veciños coma Irán, Rusia (no Daguestán), Xeorxia, Iraq e Turquía. Estímase que entre 20 e 50 millóns de persoas falan azerí. É unha lingua altaica, da rama Oghuz, moi relacionada co turco e influenciada polo persa e o árabe.
Índice |
[editar] Nomenclatura
Durante o período inicial da República de Azerbaixán, o idioma denominábase "Türkdili" ("turco"), pero dende [[1994] úsase o nome "Azərbaycan dili" ("azerí"). En moitas partes de Irán denomínase ó azerí turki ou torki, chamando ó turco turco de Estambul. Algúns expertos considerano un dialecto do turco, inda que o código ISO denominao "azerí".
[editar] Historia e Evolución
O autro medieval Ibn al-Nadim, na súa obra Al-fihrist, menciona que nas zonas da antigua Persia, incluido o territorio da actual República de Azerbaixán, falábase unha lingua distinta. Así, cita as linguas de raíz iraní: fahlavi (pahlavi), dari, juzi, farsi (persa), e seryaní.
O dari, que xurdíu na zona leste de Irán, sería a lingua usada nas Cortes Reais. O parsi sería a lingua propia da relixión zoroástrica.
Os estudos etimolóxicos apuntan que os dialectos actuais que se falan nas rexións de Bakú, Jaljal e Semnan xurdiron dunha lingua común.
Crese que a forma turca que presenta actualmente o azerí substituíu ó pahlavi durante a chegada dos pobos turcos.
[editar] Literatura
A literatura clásica azerí xurdíu no século XI, baseada nos dialectos Tabriz e Shervan. A literatura moderna de Azerbaixán está baseada no dialecto shervani, mentres que en Irán baséase no tabrizí. No 1875 publicouse o primeiro xornal en azerí, Əkinçi. Durante o período soviético, o azerí foi usado como lingua franca entre tódo-los pobos de etnia turca que habitaban a Unión Soviética.
A mediados do século XIX aprendíase nas escolas de Bakú, Gandja, Saki, Tbilisi e Ereván. Dende 1845 pódese estudar na Universidade de San Petersburgo, Rusia.
[editar] Alfabetos
Oficialmente, o azerí usa o alfabeto latino inda que o alfabeto cirílico está ampliamente difundido. Existe total correspondencia entre os dous alfabetos, que dá ó cirílico unha orde distinta da habitual:
Aa Аа, Əə Әә, Bb Бб, Cc Ҹҹ, Çç Чч, Dd Дд, Ee Ее, Ff Фф, Gg Ҝҝ, Ğğ Ғғ, Hh Һһ, Xx Хх, Iı Ыы, İi Ии, Jj Жж, Kk Кк, Qq Гг, Ll Лл, Mm Мм, Nn Нн, Oo Оо, Öö Өө, Pp Пп, Rr Рр, Ss Сс, Şş Шш, Tt Тт, Uu Уу, Üü Үү, Vv Вв, Yy Јј, Zz Зз.
Ata 1929, só se usou o alfabeto árabe. Entre 1929 e [1938]] se usou o alfabeto latino inda que de forma distinta á que se usa hoxe. A partir dese ano e ata 1991 se usou o alfabeto cirílico. Dende ese ano e ata a actualidade houbo un lento periodo de transición ó alfabeto latino. Os falantes de azerí en Irán continúan usando o alfabeto árabe.
Se está escrito en alfabeto latino, as palabras extranxeiras tradúcense á súa propia pronuncia. Por exemplo: "Bush" se escribe "Buş", y "Schröder", "Şröder".
[editar] Ligazóns externas
Template:Interwiki
- Azari, un idioma iraní (en persa e inglés)
- azeri.org