Kasimir Malevich
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Kazimir Severinovich Malevich (Казимир Северинович Малевич en ruso, Malevych en transcrición ucraína) (23 de febreiro de 1878 - 15 de maio de 1935) foi un pintor e teórico da arte , pioneiro da arte abstracta e un dos pintores rusos máis importantes.
[editar] Vida e Obra
Kasimir Malevich naceu preto de Kiev, Ucraína. Os seus pais, Seweryn e Ludwika Malewicz, eran xudeus polacos. O seu pai era o director dunha fabrica de azucre. Kazimir foi o primeiro de 14 fillos, aínda que só nove deles chegaron á idade adulta. A súa familia mudábase a míudo, polo que pasou a súa infancia en moitas vilas ucraínas. Estudou debuxo en Kiev dende 1895 ata 1896.
En 1904 mudouse a Moscova. Estudou na Escola de Pintura, Arquitetura e Escultura dende 1904 ata 1910. Durante ese tempo viviu no estudo de Fedor Rerberg en Moscova. No ano 1911 participou na segunda exposición do Soyus Molod'ozhi (Unión da xuventude) en San Petersburgo, xunto con Vladimir Tatlin e, en 1912, o grupo fixo a súa terceira exposición, incluindo traballos de Aleksandra Ekster e Tatlin entre outros. En 1914 Malevich exibiu os seus traballos no Salon des Independants en París xunto con Alexander Archipenko, Sonia Terk, Aleksandra Ekster e Vadim Meller, e moitos outros. Ao ano seguinte publicou o seu manifesto Dende o Cubismo ó Suprematismo. Entre 1916 e 1917 participou nas exposicións do grupo Jack dos Diamantes en Moscova xunto con Nathan Altman, David Burliuk e A. Ekster, entre outros.
Despois dos seus experimentos con varios estilos modernistas como o cubismo e o futurismo na ópera cubo-futurista A Vitoria do sol, Malevich comezou a traballar co abstracto e os estampados non xeométricos, fundando un movemento que chamou suprematismo. Algúns exemplos do seu suprematismo son Cadrado Negro (1915) e Branco sobre Branco (1918).
Malevich tamén era coñecido pola súa fascinación pola fotografía aérea e a aviación, facendo arte abstracto inspirado nas paisaxes aéreas.
Malevich foi membro do Colexio de Arte de Narkompros, a comisión de proteción dos monumentos e museos. Tamén deu clases na Escola de Arte Práctica en Vitebsk (hoxe en día parte de Belarusia) (1919-1922), na Academia de Artes de Leningrado (1922-1927), no Instituto de Arte Nacional de Kiev (1927-1929), e na Casa das Artes de Leningrado (1930). Tamén escribiu o libro O mundo non obxectivo Muníc 1926, no cal amosaba as súas teorías supremacistas.
En 1927, viaxou dende Varsovia a Alemaña facendo unha viaxe retrospetiva que lle deu sona mundial, e que fixo que cando volvera á Unión Soviética deixase gran parte das súas obras atrás. Cando o rexime estalinista volveu contra a arte modernista "burguesa", Malevich foi perseguido. Moitos dos seus traballos foron confiscados e esnaquizados, e el acabou morrendo na miseria e soidade no Leningrado da Unión Soviética (hoxe San Petersburgo).
[editar] Ver tamén
- Lyubov Popova
- Aleksandra Ekster
- El Lissitzky
- Supremacismo
- IRWIN
[editar] Links Externos
Template:Commonscat
- Guggenheim: Kazimir Malevich
- "Black Square"
- "White on White"
- "Malevich on Film"
- DA Collection
- "Victory Over the Sun" discussed
- The Non-objective World, Kasimir Malevich, trans. Howard Dearstyne, Paul Theobald, 1959
- Kazimir Malevich and Suprematism 1878-1935, Gilles Néret, Taschen, 2003
- Dreikausen, Margret, "Aerial Perception: The Earth as Seen from Aircraft and Spacecraft and Its Influence on Contemporary Art" (Associated University Presses: Cranbury, NJ; London, England; Mississauga, Ontario: 1985) ISBN 0879820403