Sonia Delaunay
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Sonia Delaunay (nada Terk) (1885–1979) foi unha pintora Ucraína, nada en Odessa, Ucraína , como Sonia Terk no seo dunha familia xudea.
En 1890 Delaunay mudouse a San Petersburgo para vivir co seu tío. Entre os anos 1904–1905 Sonia fixo varios cursos de pintura en Karlsruhe Alemaña. No ano 1906 Sonia Terk mudouse a París. En 1910 casou co artista francés Robert Delaunay, co cal fundou o movemento de Orfismo en (1911) , caracterizado polo uso de cores fortes e formas xeométricas . En 1914 participou en Prismes Electrique no Salon des Independants xunto con Alexander Archipenko, Kasimir Malevitch, Vadym Meller, Aleksandra Ekster entre outros . Nese mesmo ano mudouse a Madrid. Entre os anos 1915–1916 viaxou xunto co seu marido a Portugal. Pintou acuarelas e desenrolou as súas cerámicas . En 1920 Sonia Terk voltou a París . En 1924 montou o seu estudo de deseño de roupa xunto con Jacques Heim. Ó ano seguinte participou na Exposition Interationale des Arts Decoratifs et Industriels Modernes en París xunto con Nathan Altman, A. Ekster, V.Meller, A.Petritsky, e David Shterenberg. Os seus traballos consistían en pinturas , deseño textil e de vestuario . Foi a primeira muller viva que tivo unha esposición introspetiva no Louvre en 1964 , e en 1975 foi nomeada oficial da Lexión Francesa do Honor . Sonia Delaunay-Terk morreu en 1979 na cidade de París.
Ela traballou no deseño moderno incluíndo os conceptos de deseño abstracto, integración dos mobles , fábricas, cuvertas de murais e roupa.
Ela era amiga do poeta Blaise Cendrars, e creo innovando unha vez máis , un mural de cunha representación da obra do poeta.
A súa contribución artística máis importante foi o deseño "simultaneo" design. Isto inclue o concepto do Orfismo . Ela foi a inventora do punto polka, xunto co uso de zig-zags e outros innovadores deseños en fábricas , vestiario , e mobles.