Aleksandra Ekster
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Alexandra Ekster ou Exter (Александра Экстер) (6 de Xaneiro, de 1882 - 17 de Marzo, de 1949) foi unha pintora (Cubo-Futurista, Supremacista, Constructivista), deseñadora, e un dos fundadores do Art Deco. Ela naceu en Belostok, Rusia Imperial (hoxe parte de Polonia) na rica familia de A. A. Grigorovich. Ela estudou na escola de arte de Kiev , e no ano 1907 estudou na Académie de la Grande Chaumière en Montparnasse, París. Dende1908 a 1924 ela viviu en , San Petersburgo, Odessa, París, Roma e Moscova.
En 1908 ela participou na exsibición do grupo Zveno (Link) organizado por David Burliuk, Wladimir Burliuk entre outros en Kiev. En 1914 Ekster, xunto con Kasimir Malevitch, Alexander Archipenko, Vadym Meller, Sonia Delaunay e outros , participou no Salon des Indépendants en París. Nese mesmo ano ela participou na International Futurist Exhibition en Milán.
Entre 1915-1916 ela traballou na coperativa de vilas Skoptsi eVerbovka xunto con Kazimir Malevich, Yevgenia Pribylskaya, Natalia Davidova, Nina Genke, Liubov Popova, Ivan Puni, Olga Rozanova, Nadezhda Udaltsova e outros . Ekster máis tarde fundou un grupo de traballo en enseino (MDI) en Kiev (1918-1920). Meller, Petrytsky, Red'ko, Chelitschev, Shifrin, Nikritin traballaron alí.Durante ese tempo ela tamén foi un dos nomes máis importantes do Teatro Alexander Tairov
En 1919 xunto cos artistas do avant-garde , Kliment Red'ko e Nina Genke-Meller decoraron as rúas e prazas de Kiev e Odessa polas celebracións da Revolución en estilo abstracto. ela traballou como unha deseñadora de vestiario no Estudo de Ballet da bailarina Bronislava Nijinska a irmá de (Vaslav Nijinsky.
No ano 1921 ela convertiuse na directora do curso elemental Cor no Grupo de Traballo (VKhUTEMAS) en Moscova , unha posición que mantivo ata 1924 cando emigrou a Francia para obte-la cátedra en Arte Moderno en París. Dende 1926 a 1930 Ekster foi catedrátoca na Academia de Arte Contemportaneo Leger. En 1936 ela participou na exposición Cubismo e Arte Abstracto en Nova York e nunha exposición exclusivamente adicada a ela en Praga e en Paris. En 1936 ela comezou a traballar como ilustradora do libro para a empresa de publicidade Flammarion en Paris. Ela continuou neste traballo anta 1949 cando morre no arrabalde de Fontanay-aux-Roses , en Paris.