Karachi - كراچى
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Karachi (urdú: كراچى) é unha cidade de Pakistán, a maior do país, capital da provincia do Sind. Sitúase a beira do Mar Arábigo, no extremo noroeste do Océano Indico; asemesmo, na punta noroeste do delta do Indo. Esta privilexiada ubicación xeográfica fixo de Karachi o porto de acceso a toda a conca do gran río. Ata hoxe en día, en que a cidade é o porto de Pakistán, así coma o seu máis importante centro industrial, comercial, financieiro e cultural.
Os seus comezos coma pequena aldea pesqueira pronto cambiaron o descubrir un grupo de comerciantes as bondades do seu protexido porto no temperán século XVIII. O asentamento, cun forte permanente dende 1795, crecéu con rapidez e era xa importante cando o capturaron os ingleses en 1840 co que cimentóu definitivamente o séu destino.
Na actualidade convertéuse nunha das cidades máis poboadas do mundo malia non posuír practicamente de área metropolitana fora dos séus límites administrativos. (9.339.023 habitantes, 1998 censo).