Conca fluvial
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Coñécese por cunca fluvial ou cunca hidrográfica a porción de territorio drenada por un único sistema de carácter natural. Unha conca hidrográfica defínese polo río ao que fai e vén delimitada pola liña dos cumes que arrodean o espazo. Conforme se avanza polo curso do río cara abaixo, a superficie da conca vai aumentando. En xeral acéptase que o divisor das augas subterráneas coincida co divisor de augas superficiais, se ben este feito non se verifica en todos os casos.
A conca hidrográfica é a unidade xeralmente adoptada para estudos hidrolóxicos e, máis recientemente, a partir dos anos 1970, para a planificación racional do uso dos recursos naturais.
As principais características dunha conca hidrográfica son:
- A curva cota - superficie: Esta característica dá unha indicación do potencial hidroeléctrico da conca.
- O coeficiente de forma: Dá indicacións preliminares da onda de avinda que é capaz de xerar.
- O coeficiente de ramificación: Tamén da indicacións preliminares respecto o tipo de onda de avinda.