Juan Bravo Murillo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Juan Bravo Murillo. (Fregenal de la Sierra, 24 de xuño de 1803 - Madrid, 11 de febreiro de 1873) Político, xurista e economista español.
Estudou leis nas Universidades de Salamanca e Sevilla onde se licenciou en 1825. Tras a morte de Fernando VII foi nomeado fiscal da Audiencia Provincial de Cádiz. Foi elixido para Deputado en 1837 e 1840 militando nas filas do Partido Moderado. Até ese momento a sua actividade política foi escasa debido a que as súas ideas reacionarias chocaran co espírito liberal do xeneral Espartero, Rexente durante a minoría de idade da Isabel II.
En 1847, durante a Década Moderada é nomeado Ministro de Xustiza por Carlos Martínez de Irujo, uníndose a Narváez que o nomeará máis tarde para a carteira de Facenda por primeira vez. Dende estes momentos asumirá diversos ministerios até que en 1850 é nomeado Presidente do Consello de Ministros, posto que volverá a ocupar de 1851 a 1852. Os sucesos da revolución de 1848 lavarono a redactar un proxecto de constitución de corte absolutista para eliminar o caracter liberal que, segundo o seu xuício, tiña a constitución de 1845 pero é rexeitada e á chegada do Bienio Progresista vese obrigado a abandonar a política, aínda que ocasionalmente será Presidente do Congreso dos Deputados.
Reinado de Isabel II de España | ||
---|---|---|
Segue a: Ramón María Narváez |
Juan Bravo Murillo (1851-1852) |
Precede a: Federico Roncali |
Presidente do Goberno de España |