Bienio Progresista
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Bienio Progresista é o nome co que se coñece o breve período da Historia de España trancorrido entre xullo de 1854 e xullo de 1856, durante o cal o Partido Progresista pretendeu reformar o sistema político do reinado de Isabel II, dominado polo Partido Moderado dende 1844, afondando nas características propias do réxime liberal, tras o fracaso dos gobernos moderados da década anterior.
Ao final da Década moderada apreciábase que había corrupción entre os políticos, pois sempre eran os mesmos os que dirixían a política e a economía do país. Por outra parte, ao cabo de dez anos de moderantismo, os que non tiñan rentas altas non tiñan dereito ao voto e por suposto non tiñan dereito a ser elixidos para formar parte das Cortes, pois a Constitución de 1845 impedíallo, xa que o sufraxio censitario limitaba o dereito de voto para os máis ricos.
Esta situación provocou protestas e movementos subversivos en resposta a estas inxustizas. Estes movementos eran liderados polos propios liberais que non estaban dacordo coa forma de actuar do goberno; a maioría destes grupos liberais eran progresistas, pero tamén había grupos de moderados descontentos pola situación política, como é o caso do moderado Xeneral O'Donell.
A partir da dimisión de Bravo Murillo a finais do ano 1852 xa comezara a decadencia gubernamental con disposicións por decreto que vulneraban o ordenamento constitucional. As principais figuras moderadas, descontentas co gabinete, foran apartadas pola nai da raíña, María Cristina de Borbón, que exercía o control sobre as filas moderadas. Así Francisco Martínez de la Rosa, Alejandro Mon y Menéndez e Leopoldo O'Donell, homes de gran peso e que desexaban formar parte dun gabinete que restaurase a confianza na Coroa sen deixar en mans do Partido Progresista o Goberno, quedando excluídos de calquera iniciativa política.
En febreiro de 1854 producíronse as primeiras protestas na rúa en Zaragoza que até xullo estendérense por toda España. O 28 de xuño de 1854, o xeneral Leopoldo O'Donell, que se ocultara en Madrid durante as persecucións contra liberais e diferentes sectores moderados de toda España, uniuse a diversas forzas e enfrontouse as tropas leais ao goberno en Vicálvaro esixindo un goberno novo e que se acabase coa corrupción. Respetan a Raíña pero denuncian o mal goberno. Este pronunciamento militar reciveo nome de La Vicalvarada, sen que resultara un vencedor claro. Ao largo de xuño e xullo unironse ao alzamento outras tropas en Barcelona. O 17 de xullo, en Madrid, pero tamén en Alcira, Cuenca, Logroño, Valencia e Zaragoza, civís e militares sairon á rúa nunha sucesión de actos violentos, poñendo en perigo a vida da mesma nai da Raíña, que debeu de buscar refuxio.
Ante esta situación o xeneral O'Donell e as súas tropas retiraronse cara o sur, onde conectaron co xeneral progresista Serrano e xuntos lanzaron o 7 de xullo de 1854 o Manifesto de Manzanares ao país para movilizar a poboación civil:
"Nosotros queremos la conservación del Trono, pero sin la camarilla que lo deshonra, queremos la práctica rigurosa de las leyes fundamentales mejorándolas, sobre todo, la electoral y la de imprenta (...), queremos que se respeten en los empleos militares y civiles la antigüedad y el merecimiento (...), queremos arrancar a los pueblos de la centralización que les devora, dándoles la independencia local necesaria para que se conserven y aumenten sus intereses propios, y como garantía de todo esto queremos y plantearemos bajo sólidas bases la Milicia Nacional. Tales son nuestros intentos, que expresamos francamente sin imponerlos por eso a la Nación. Las Juntas de gobierno que deben irse constituyendo en las Provincias libres, las Cortes generales que luego se reúnan, la misma Nación, en fin, fijará las bases definitivas de la regeneración liberal a que aspiramos. Nosotros tenemos consagradas a la voluntad nacional nuestras espadas y no las envainaremos hasta que ella esté cumplida."
Este manifesto difundiuse entre a poboación invitando ao pobo a levantarse en apoio destas ideas. A reación popular foi inmediata, pois proliferaron as axitacións e revoltas populares por todo o país apoiando o Manifesto, de modo que se convertíu nunha revolución a que se uniron os obreiros cataláns.
A vista dos acontecementos Isabel II tivo que atender e conceder o que o manifesto lle esixía. Comezaba o Bienio Progresista.
Este novo período estaba cheo de ilusión e esperenza para grandes sectores do pobo. O novo goberno, liderado por Espatero aplicouse a poñer en práctica o pronetido conforme ao Manifesto do Manzanares.
Os progresistas querían unha Constitución progresista, polo que anularon a Constitución moderada de 1845 e sobre as bases da Constitución do 37 trataron de elaborar un novo texto constitucional. Ao final non chegou a aprobarse debido ao desacordo entre as forzas políticas. Non obstante outorgaronse dereitos aos cidadáns, tales como a liberdade de expresión, liberdade de imprenta e liberdade de asociación política. Surxiron outros partidos como o partido demócrata e o partido republicano non que militaban socialistas e federalistas. O panorama político complicouse moito. Aproveitando as liberdades, o movemento obreiro pasou a ación, sobre tod através das folgas xerais. Os campesiños tamén se uniron as protestas para mellorar a súa situación.
Os concellos xa estaban descentralizadospolo que os cargos municipais elixidos polo pobo, exercían presión sobre o goberno. Por outra parte os elementos moderados nas Cortes acusaban constantemente ao goberno, atacandoo através dos medios de comunicación.
O goberno, en medio de toda esta inestabilidade política, levou a cabo unha reforma económica importante. Por unha parte a desamortización civil de Madoz, pola cal se poñían a venda, despois de ser expropiados, os bens dos municipios , ordes militares, hospitais, hospicios e casas de misericordia, conm obxecto de obter beneficios para o Estado. As consecuencias negativas non so as sufriron os axentes destas institucións senon que tamén as sufriron os aldeanos de baixas rendas, xa que empregaban as terras comunais dos municipios para subsistir e ao quedar estas terras en propiedade privada non as poderían empregar. Por outra parte levouse a cabo a Lei de Ferrocarrís, pola que se daban grandes beneficios e priviliexios a quenes invertiran na construción do ferrocarril, posto que o medio de transporte era imprescindible ao proceso de industrialización que se estaba desenrolando en España. Con esta lei os inversores estranxeiros, especialmete Francia e Reino Unido, empregaron capitais na construción de vias férreas realzando ademáis a actividade dos bancos. Finalmente regularonse as leis liberalizadoras das Sociedades Anónimas e dos bancoa que permitiran a expansión do sistema financieiro para o desenrolo industrial.
A pesar destas medidas, o país estba sumido no caos, polo que ante esta inestabilidade e conflitividade existente, o Xeneral O'Donell deu un golpe de Estado en xullo de 1856. O Bienio Progresista fracasou.