Jorge Luis Borges
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Jorge Francisco Isidoro Luis Borges Acevedo foi un escritor arxentino (Bos Aires, Arxentina; 24 de agosto de 1899 - Xenebra, Suíza; 14 de xuño de 1986) e unha das glorias das letras latinoamericanas. É coñecido especialmente polos seus contos e ensaios e a súa destacada obra poética.
Índice |
[editar] Biografía
Fillo dun avogado e profesor de psicoloxía, estudóu primeiro en Arxentina e, durante a súa xuventude, en Suiza. Neste país entróu en contacto cos expresionistas alemáns, e en 1918, á conclusión da Primeira Guerra Mundial, relacionuse en España cos poetas ultraístas, que influiron poderosamente na súa primeira obra lírica. Tres anos máis tarde, xa de regreso en Arxentina, introduxo neste país o ultraísmo a traverso da revista Proa, que fundóu xunto a Ricardo Güiraldes, Bramón, Rojas e Macedonio Fernández. Por aquel entón inicióu tamén a súa colaboración nas revistas Sur, dirixida por Victoria Ocampo e vencellada ás vanguardias europeas, e Revista de Occidente, fundada e dirixida polo filósofo español José Ortega y Gasset. Máis tarde escribiu, entre outras publicacións, en Martín Fierro, unha das revistas clave da historia da literatura arxentina da primeira mitade do século XX. Nen bargantes a súa formación europeísta, reivindicóu temáticamente as súas raíces arxentinas, e en particular porteñas, en poemarios como Fervor de Buenos Aires (1923), Luna de enfrente (1925) e Cuaderno de San Martín (1929). Compuxo letras de tango e milonga, se ben fuxiu da «sensiblería do inconsolable tango-canción e o manexo sistemático do lunfardo, que infunde un ambente artificioso ás sinxelas coplas». Nas súas letras e algúns relatos nárranse as dubidosas fazañas dos coiteleiros, ós que mostra en tódala súa despoxada brutalidade. Pero se a poesía foi un dos fundamentos do seu quefacer literario, o ensaio e a narrativa foron os xéneros que lle reportaron o recoñecemento universal. Dotado dunha vasta cultura, elaboróu unha obra de grande solidez intelectual sobre a andamiaxe dunha prosa precisa e austera, a traverso da cal manifestóu un irónico distanciamento das cousas e o seu delicado lirismo. As súass estructuras narrativas alteran as formas convencionais do tempo e do espacio para crear mundos alternativos de grane contido simbólico, contruidos a partir de reflexos, inversións e paralelismos. Os relatos de Borges toman a forma de adiviñas, ou de potentes metáforas de trasfondo metafísico. Foi profesor de literatura inglesa na Universidade de Buenos Aires, presidente da Asociación de Escritores Arxentinos e director da Biblioteca Nacional, cargo que ocupóu desde 1955 ata a súa renuncia en 1973 debido ó regreso ó poder de Juan Domingo Perón. Traduciu ó castelán a importantes escritores estadounidenses, como William Faulkner, e publicóu con Adolfo Bioy Casares unha Antoloxía da literatura fantástica (1940) e unha Antoloxía da poesía gauchesca (1956), así como unha serie de narracións policíacas, entre elas Seis problemas para don Isidro Parodi (1943) e Crónicas de Bustos Domecq (1967), que firmaron co seudónimo conxunto de H. Bustos Domecq. Algúns dos máis importantes premios que Borges recibiu foron o Nacional de Literatura, en 1957; o Internacional de Editores, en 1961; o Formentor, compartido con Samuel Beckett, en 1969; o Cervantes, máximo galardón literario en lingua castelá, compartido con Gerardo Diego, en 1979; e o Balzan, en 1980. Tres anos máis tarde, o goberno español concedeulle a Gran Cruz da Orde de Alfonso X el Sabio. A pesares do seu enorme prestixio intelectual e o recoñecemento universal que mereceu a súa obra, non foi distinguido co Premio Nobel de Literatura. Borges casou dúas veces. A primeira con Elsa Astete; a segunda, practicamente in articulo mortis, con María Kodama.
[editar] Obra
Borges, ademáis de contos, escribiu poesía e unha considerable cantidade de crítica literaria. É considerado un dos mellores escritores sudamericanos do século XX. A súa cegueria, desenrolada, ó igual que o seu pai, durante a idade adulta influencióu enormemente a súa escritura posterior.
A ficción borgiana é profundamente erudita, e sempre concisa. A maioría das súas máis populares historias abondan na naturaleza do tempo, o infinito, os espellos, laberintos, a realidade e a identidade, namentres outras céntranse en temas fantásticos. O mesmo Borges conta historias máis ou menos reais da vida sudamericana, historias de heroes populares, soldados, gauchos, detectives e figuras históricas, misturando a realidade coa fantasía e os feitos coa ficción.
Ö maxe da ficción, a súa obra é abondosa e valiosa, incluindo aguda crítica literaria e de cine, cortas biografías, e ensaios filosóficos. Exploróu ademáis, desde un punto de vista empírico ou racional os temas das súas obras de ficción. En artículos como "La historia del tango" e "Los traductores de las Mil y una Noches" escribiu lúcidamente acerca de feitos e elementos seguramente autobiográficos.
Borges foi, ademáis, un notable traductor ó español; á idade de 10 anos, traduciu a Oscar Wilde. Creía Borges que a traducción podía superar ó orixinal e que a alternativa e potencialmente contradictoria revisión do orixinal podía ser igualmente válida, máis aínda, que o orixinal ou a traducción literal non tiña porqué ser fiel á traducción. Ó longo da súa vida, traduciu, modificando sutilmente, o traballo de, entre outros, Edgar Allan Poe, Franz Kafka, Hermann Hesse, Rudyard Kipling, Herman Melville, André Gide, William Faulkner, Walt Whitman, Virginia Woolf e G.K. Chesterton.
[editar] Coleccións
- Inquisiciones (1925).
- Discusión (1932).
- Poemas (1943).
- Ficciones (1944).
- El Aleph (1949).
- El hacedor (1960)
- El informe de Brodie (1970).
- El oro de los tigres (1972)
- El libro de arena (1975).
- Libro de sueños (1976).
[editar] Contos
- "Tlön, Uqbar, Orbis Tertius" (1940)
- "La biblioteca de Babel" (1941)
- "El Zahir" (1949)
- "El libro de arena" (1975)