José Ortega y Gasset
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
José Ortega y Gasset foi un filósofo español (Madrid, 9 de maio de 1883 — Madrid, 18 de outubro de 1955). Tamén actuou como activista político e mais como xornalista.
Fillo dunha familia da alta burguesía, fixo os seus primeiros estudos cos xesuítas. Graduouse e doutorouse en Filosofía na Universidade Central de Madrid en 1904, despois de breve pasaxe pola Universidade de Deusto, en Bilbao. Dali seguiu para a Alemaña, onde viría a sofrer influencia da escola de Marburgo, que tiña por figuras principais Hermann Cohen e Paul Natorp e que tiña forte inclinación polo idealismo.
En 1910 obtén a cátedra de Metafísica na Universidade Central de Madrid. En 1917 faise colaborador do xornal El Sol, onde publicaría os seus ensaios España invertebrada (1921) e La rebelión de las masas (1930). Funda a Revista de Occidente en 1923, responsable de traducir e comentar aos grandes autores contemporáneos da Filosofía, como Edmund Huserl, Oswald Spengler, Georg Simmel, Hans Driesch e Betrand Russell.
Despois de se desentender da ditadura española (en 1929 chega a demitir da súa cátedra universitaria), exilase na Arxentina. Consegue regresar a España en 1955, mais neste mesmo ano élle diagnosticado un cancro, e falece o 18 de outubro.
A influencia de Ortega y Gasset é non só debida á temática da súa obra, mais tamén polo seu estilo accesible ao gran público.
[editar] Ligazóns externas
- Fundación Ortega y Gasset
- Meditaciones, un site en español dedicado ao pensamento de Ortega y Gasset