Jacoba Felice
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Medicina Jacoba Felice de Alemaña (? - ?)
Médico de orixe alemán que o 11 de agosto do ano 1322 foi acusada de exercer pola Facultade de Medicina da Universidade de París, cos seguintes cargos por parte do tribunal: “visitaba os enfermos, examinaba a súa orina, tomáballes o pulso e tocaba os seus corpos e membros”. O resultado foi a inculpación e a excomunión, sendo un caso paradigmático polo ben documentado que está, do proceso de separación na Europa cristiana das mulleres do exercicio da medicina, cun certo peso na tradición musulmana e xudea por aquel entón. A pesar de que testificaron ó seu favor moitos dos seus pacientes, incluída unha criada do Bispo encargado do caso que xa fora deshauciada por varios médicos con anterioridade, foi acusda polo xurado, pois, segundo este, “un home pode curar os enfermos moito mellor que calquera muller”.