Guerras púnicas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Guerras púnicas foram guerras sostidas nos séculos III e II a. de C. entre Roma e Cartago. A causa foi a aparición da república romana como rival económica e militar no Mediterráneo occidental e central dos cartaxineses. A excusa foi a axuda romana ós mamertinos, donos de Mesina en Sicilia, na súa loita contra Hierón de Siracusa, aliado de Cartago.
[editar] Primeira guerra púnica (264 a. de C. - 241 a. de C.)
Transcurre en Sicilia, as lexións romanas vencen a Amílcar Barca. Principalmente xalonada por batallas navais. A recén creada flota romana derrota a armada cartaxinesa nas illas Egadas. Roma obtén Sicilia, Córcega e Sardeña.
[editar] Segunda guerra púnica (218 a. de C. - 202 a. de C.)
Aníbal Barca sae de Cartago Nova (Cartaxena, España), conquista Sagunto, aliada de Roma e atravesa os Pirineos e os Alpes. Gaña as batallas de Tesino e Trevia, derrota ó cónsul Flaminio xunto o lago Trasimeno e en Cannas (Apulia). Aníbal, coa súa tropa esgotada retírase a Capua onde espera a chegada de Asdrúbal con reforzos. Pero estes non chegan. Por outra parte, pese a ter ó inimigo en Italia, Roma lanza unha ofensiva contra Cartago. Aníbal vese obrigado a persegui-la flota romana ata África, onde é derrotado por Publio Cornelio Escipión en Zama (202 a. de C.).
[editar] Terceira guerra púnica (146 a. de C.)
Os cartaxineses rearmanse para facer fronte ós ataques do rei de Numidia. Roma, seguindo a política de Catón (Delenda est Cartago), desembarca na capital con Escipión Emiliano á fronte. Arrasa a cidade e Cartago convértese en provincia romana.