Amílcar Barca
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Amílcar Barca foi un xeneral cartaxinés e pai de Aníbal. Amílcar foi comandante naval na primeira guerra púnica atacando a costa de Bruttio. En Sicilia estivo resistindo nun posto avanzado cerca de Palermo, mentres que os romanos intetaron expulsalo . Dirixiu as incursións na costa sudoccidental de italia, conquistou o monte Erice, e abandonou o seu mando ó final da guerra despois de negociar un tratado de paz, e producíronse revoltas nas tropas mercenarias do exército cartaxinés, na que despois Amílcar foi destinado para acabar con elas, pero a loita custou moitas vidas. Ó final Amílcar colaborou con Hannón para conquistar Útica. Máis tarde foi enviado a Hispania acompañado dos seus tres fillos. Almílcar casou a unha das súas fillas con Asdrúbal, instalou a súa base en Cádiz e estendeuse polo sur de hispania fundando a cidade de Alicante. Ó final Amílcar afogou mentres se marchaba de Hélice.
==Bibliografía==
- Atlas histórico de la roma Clásica. Odile Wattel . Edicións archivos acento, 2000.