Golfiño
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Golfiño | ||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Classificación científica | ||||||||||
|
Os golfiños ou delfíns son mamíferos cetáceos pertencentes á familia Delphinidae.
O hábitat natural de trinta e tres especies de golfiño é na auga salgada, na costa ou no mar aberto. Porén, cinco especies viven en ríos e lagoas. Algúns golfiños de auga doce viven no encontro da auga doce coa salgada. A especie máis común de encontrar é a Delphinus delphis. A alimentación de golfiños na maioría dos casos é peixe e lura, mais algunhas especies aliméntanse de baleas, pingüíns ou focas. Os golfiños non conseguen mastigar a comida, eles pégana cos dentes e engólena enteira. Para cazar, os golfiños ás veces nadan en grupos un do lado do outro comendo todo o peixe que aparece na recta deles. Porén algúns científicos acreditan que os golfiños usan as vibracións sonoras para saber se teñen peixe máis facilmente. Eles non precisan beber auga, porque no peixe xa teñen a auga necesaria.
Os golfiños son mamíferos que, diferentes do común, viven na auga. Eles teñen un período de xestación de 9 a 12 meses. Os fillotes nacen na auga, o que non é moi común entre mamíferos. Normalmente nace soamente un fillote, a non ser que sexan xémeos. Neste caso un xeralmente morre. Os fillotes de orcas nacen máis ou menos con 2,2 m e 136 kg. Na media da maioría das especies os golfiños pódense reproducir con 7 anos. Os predadores do golfiño son os tiburóns, as baleas e o ser humano. Moitas veces os golfiños morren en redes para pescar atún. Para achar atúns, os pescadores moitas veces procuran por golfiños porque o alimento deles é o mesmo. Para se protexer os golfiños nadan en grupos, porque é mais fácil identificar o inimigo nun grupo do que individualmente. Unha estratexia de sobrevivencia fundamental para os golfiños son as vibracións sonoras. Elas permiten que ouzan outros golfiños, baleas, peixes, barcos e o eco deles mesmos. Eles soltan un son que cando encontra algo volta o son e permite que o golfiño saiba a distancia do individuo, barco, pedra. Os golfiños teñen orellas internas, que permiten que eles ouzam moi ben.
A lingua dos delfíns pode adoptar unha forma "acanalada", o que lles permite ás crías mamar impedindo que se mesture o leite materno coa auga salgada.
É prodixiosa a comunicación que estes animais poden manter co ser humano, e desta especial relación surxe a delfinoterapia, técnica medicinal coa que actualmente é posíbel tratar nenos con discapacidades psíquicas e sensoriais, así como tamén persoas en períodos de rehabilitación de adiccións tales como o alcol ou as drogas.
[editar] Tipos de golfiño
- golfiño-riscado
- golfiño-común (ou golfiño nariz de botella, golfiño arroaz, roaz-corvineiro ou golfiño flipper) Tursiops truncatus
- Orca (xénero Orcinus)