Orca
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Orca | ||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | ||||||||||||||
|
||||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||||
Orcinus orca | ||||||||||||||
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos |
A orca ou candorca (Orcinus orca) é o membro de maior porte da familia Delphinidae (orde dos cetáceos). É un predador versátil, podendo comer peixes, moluscos, aves, tartarugas, aínda que, cazando en grupo, consigan capturar presas de tamaño maior, incluindo morsas e outras "baleas". Está, polo tanto, no cumio da cadea alimenticia oceánica. Pode chegar a pesar 9 toneladas. É o segundo animal de maior área de distribución xeográfica (despois do home), podendo atoparse en calquera dos océanos.
Teñen unha vida social complexa, baseada na formación e manutención de grupos familiares extensos. Comunican a través de sons e costuman viaxar en formacións que asoman ocasionalmente á superficie. A primeira descrición da especie foi feita por Plinio o Vello que xa a descrebia como un monstro marítimo feroz. Con todo, non se ten coñecimento de ataques a seres humanos no ambiente selvaxe, aínda que se saiba de alguns casos de agresións aos seus treinadores en parques temáticos. Tanto viven no mar alto como xunto ao litoral.
Índice |
[editar] Denominación
O nome orca foi dado a estes animais polos antigos romanos, en principio, derivado da palabra grega ὄρυξ que (entre outros significados) se refería a unha especie de balea.
"Balea asasina" é outro dos nomes máis vulgares. Con todo, desde a década de 1960, a comunidade científica (principalmente a anglófona) pasou, de novo, a utilizar máis frecuentemente "orca", que a pesar de ter orixe "erudita" foi rapidamente aceite pola poboación en xeral que foi adoptando cada vez máis o termo. As razons para esta mudanza de nomenclatura popular tamén está ligada ao feito de que os leigos comezaron a interesarse máis pola especie, aprendendo, por exemplo, que este animal non é, de feito, unha balea, mais si un golfiño. A palabra orca era xa común noutras linguas europeas - o aumento de investigacións científicas sobre a especie axudou tamén a criar unha certa converxencia na forma de nomear a este cetáceo. Outra razón relacionase co adxectivo "asasina" que parece ter implícita a idea errónea de que sería letal para os seres humanos. Orca é, canto a iso, unha opción vocabular máis neutral.
Un grupo de orcas pode, de feito, matar a unha balea grande. Pensase que os mariñeiros españois do século XVIII designaron a estes animais asesina de ballenas por esta razón. O termo foi, despois, mal traducido para inglés como "killer whale" - designación impropria, mais tornouse tan frecuente que os mesmos españois (e portugueses) adoptaron a "re-tradución".
Hai quen continue a preferir este nome, argumentando que descrebe ben un animal predador doutros, incluindo outros cetáceos. Ademais, esta designación non provén, probabelmente, só do termo utilizado polos mariñeiros españois. O nome do seu xénero biolóxico,"Orcinus" significa "do Inferno" (ver Orcus) e, aínda que o termo "orca" (usado desde a antiguidade) non estexa, probabelmente relacionado etimoloxicamente, a asonancia podería ter levado a pensar que significaba "balea que trai a morte" ou "demonio do Inferno".
É interesante verificar que línguas non-europeas continuan a designar este animal con termos igualmente intimidantes. Para o pobo Haida das Illas da Raiña Carlota ao longo da costa da Columbia Británica, a orca é coñecida como skana ou "demo asasino". Os xaponeses chamanna shachi (鯱), cuxos caracteres kanji combinan os radicais de peixe (魚) e tigre (虎).
[editar] Evolución e taxonomía
A orca é a única especie do xénero Orcinus. É unha das trinta e cinco especies da familia dos golfiños. Tal como o xénero Physeter, tamén con apenas unha especie (o cachalote), o xénero Orcinus caracterizase por un poboación abundante sen parentes inmediatos do ponto de vista da cladística. Os paleontólogos consideron que a orca pode ter tido, probabelmente, un pasado evolucionario anaxenético; isto é, unha evolución de ancestral para descendente sen se verificar calquer ramificación da liña xenética (formación de especies aparentadas, coexistindo no tempo). Se así fose, a orca pasaría a ser unha das máis antigas especies de golfiños, aínda que sexa pouco provable que sexa tan antiga canto a propria familia, cuxo inicio é datado en preto de cinco millóns de anos.
[editar] Características físicas
Estes animais caracterizanse por teren o dorso negro e a zona ventral branca. Teñen aínda manchas brancas na parte lateral posterior do corpo, ben como acima e detrás dos ollos. Con un corpo pesado e entroncado, teñen a maior barbatana dorsal do Reino animal, que pode medir ata 1,8 metros de altura (maior e máis erecta nos machos que nas fémeas). Os machos poden medir ata 9,5 metros de lonxitude e pesar ata 6 toneladas; as fémeas son menores, chegando aos 8,5 metros e 5 toneladas, respectivamente. As crias nacen con preto de 180 Kg e meden preto de 2,4 metros de lonxitude.
As orcas macho de maiores dimensións teñen un aspecto distinto que non dá marxe para confusións ao seren identificados. Con todo, vistas á distancia en augas temperadas, as fémeas e as crias poden confundirse con outras especies, como a Falsa-orca ou o Golfiño-de-Riso.
A maior parte dos dados sobre a vida das orcas foi obtida en pesquisas de longa duración con poboacións da costa da Columbia Británica e de Washington, ben como pola observación de animais en cativeiro. A información disponible sobre esta especie é avultada e está devidamente sistematizada polos naturalistas, o que se debe tamén á natureza altamente estruturada dos grupos sociais destes animais. Con todo, grupos transitorios ou residentes noutras áreas xeográficas poden ter características lixeiramente diferentes. As fémeas atinxe a maturidade sexual aos 15 anos de idade. A partir desa altura, teñen períodos de ciclo poliestral (cio regular e contínuo) con períodos sen o ciclo estral que poden durar de tres a desaseis meses. As fémeas poden dar á luz unha só cria, unha vez cada cinco anos. Nos grupos sociais analisados, os nacimentos poden ocorrer en calquer época do ano, havendo unha certa preferencia polo inverno. A mortalidade dos recén-nacidos é elevada - os resultados dunha investigación suxeren que preto de metade das crias morren antes de atinxir os seis meses. Os fillotes son amamentados ata aos dous anos de idade, mais con doce meses xa se alimentan de comida sólida. As fémeas son férteis ata aos 40 anos, o que, en media, significa que poden ter ata cinco crias. A esperanza de vida das fémeas é, xeralmente, de cinquenta anos, aínda que en casos excepcionais posan vivir ata aos noventa anos. Os machos tornanse sexualmente activos con 15 anos de idade e chegan a vivir ata aos 30 anos (ou ata aos 50, en casos excepcionais).
[editar] Distribución xeográfica
A orca é o segundo mamífero con maior área de distribución xeográfica no planeta, despois do ser humano. Encontranse en todos os océanos e na maior parte dos mares, incluindo (o que é raro, para os cetáceos) o mar Mediterráneo e o mar da Arabia. As augas máis frías das rexións temperadas e das rexións polares son, con todo, preferidas. Aínda que se encontren por veces en augas profundas, as áreas costeiras son xeralmente preferidas aos ambientes peláxicos.
Existen poboacións de orcas particularmente concentradas na zona nordeste da Cunca do Pacífico, onde o Canadá fai curva co Alaska, ao longo da costa da Islandia e na costa setentrional da Noruega. Son frecuentemente avistadas nas augas antárcticas, por riba do limite das casquetes polares. De feito, crése que se aventuran abaixo do casquete de xelo, sobrevivindo só co ar presente en bolsas situadas baixo do xelo, tal como fai a beluga. No Ártico, con todo, a especie é raramente avistada no inverno, non se aproximando ao casquete polar, e visitando estas augas só no verán.
A información sobre outras rexións é escasa. Non existe unha estimativa para a poboación global total. Estimativas locais indican preto de 70 a 80 000 na Antárctida; 8 000 no Pacífico tropical (aínda que as augas tropicais non sexan o ambiente preferido destes animais, a gran dimensión desta área oceánica - 19 millóns de quilómetros cuadrados - significa que poderán ahí vivir millares de orcas); preto de 2 000 xunto ao Xapón; 1 500 nas augas máis frías do nordeste do Pacífico e 1 500 xunto á Noruega. Se xuntarmos os dados de estimativas menos precisas sobre áreas menos investigadas, a poboación total podería ascender aos 100 000.
[editar] Interacción social
As orcas teñen un sistema social de agrupamento bastante complexo. A unidade básica é a liña matriarcal que consiste nunha única fémea, máis vella, e os seus descendentes. Os fillos e fillas da matriarca fan parte desta liña, tal como os fillos e fillas destas últimas fillas - con todo, os fillos e fillas de calquer un dos fillos pasarán a vivir coa liña matriarcal das súas compañeiras de acasalamento) - e así sucesivamente, ao longo da árvore xenealóxica destes animais. Como as fémeas poden vivir ata preto de noventa anos, non é raro atopar catro ou cinco xeracións de orcas vivindo na mesma liña. Estes grupos matrilineares son moi estables e mantéñense durante anos. Os seus elementos apenas os abandonan, non máis de algunhas horas, co fín de procurar alimento ou procrear. Non hai rexisto de nengunha expulsión dun individuo destes grupos. O tamaño medio dunha liña matriarcal é de preto de nove animais, segundo as estatísticas efectuadas xunto ás orcas do Pacífico nordeste.
As liñas matriarcais teñen algunha tendencia a xuntarense a outras, de forma a constituíren grupos que teñen, en media, preto de 18 individuos. Os membros dun "baleal" partillan do mesmo dialecto (os sons distintivos da especie), havendo indicios de que son todos aparentados polo lado materno. Ao contrario das liñas matriarcais, os baleais poden separarse nas liñas que os constituen por varios días ou semanas, en busca de comida, ata voltaren a xuntarse. O maior baleal rexistado tiña 49 membros.
O próximo nivel de organización dos grupos de orcas é o "clan", que consiste na reunión dos varios baleais con dialectos semellantes. Novamente, verificase que as relacións entre os varios baleais teñen un fundamento xenealóxico, por liña materna. Varios clans poden partillar a mesma área xeográfica. Hai rexisto de baleais de cláns diferentes viaxando en conxunto. Cando baleais residentes se xuntan para viaxaren como un clan, hai un ritual de recoñecimento, con saudacións que consisten en colocarense en liñas paralelas semellantes, antes de se misturaren por completo.
O último nivel de asociación é a comunidade que pode ser definida, vagamente, como o conxunto de clans que se unen regularmente. As comunidades non partillan, con todo, caisquer padrións familiares vocais discernibles.
No nordeste do Pacífico conseguiuse identificar tres comunidades:
Debese enfatizar que estas hierarquías son apenas válidas para grupos sedentarios ou residentes. Grupos nómadas, cazadores de mamíferos, son, na xeneralidade, menores porque, aínda que se baseen en liñas matriarcais, notase unha maior tendencia dos machos a levaren unha vida isolada. Con todo, grupos nómadas manteñen unha vaga cohesión definida polos seus dialectos.
O comportamento cotidiano das orcas é, xeralmente, dividido en catro actividades básicas: busca de alimento, viaxe, descanso e socialización. Esta última costuma ser acompañada de comportamentos entusiastas, exhibindo varios tipos de saltos e arremesos do corpo, espreitadelas sobre a auga, alén de bateren coas barbatanas na auga e ergueren a cabeza. Grupos constituídos apenas por machos interactúa, frecuentemente, cos penes erectos. Non se sabe se este xénero de interacción é un comportamento apenas lúdico ou se comporta manifestacións de afirmación de papéis de dominación.
[editar] Alimentación
As orcas utlizan na súa alimentación unha grande diversidade de presas diferentes. Poboacións específicas teñen tendencia a especializarse en presas específicas, mesmo co prexuízo de ignoraren outras presas en potencia. Por exemplo, algunhas poboacións do mar da Noruega e da Gronelandia son especializadas no arenque, seguindo as rotas migratorias deste peixe ata á costa norueguesa, en cada outono. Outras poboacións preferen cazar focas.
A orca é o único cetáceo que caza regularmente outros cetáceos. Hai rexistos de vinte e dúas especies de cetáceos cazadas por orcas, sexa polo exame do contido do estómago, sexa pola observación das cicatrices no corpo doutros cetáceos ou, simplemente, pola observación do seu comportamento alimenticio. Baleais de orcas chegaron mesmo a atacar baleas comuns, baleas-de-minke, baleas-cincentas ou, mesmo, a baleas-azuis novas. Neste último caso, os grupos de orcas perseguen a cria de balea azul, en conxunto coa súa nai, ata ao esgotamento de ambas. Por veces conseguen separar o par. De seguida, rodeian a balea nova, impedindolle subir á superficie onde esta precisa tomar ar para respirar. Cando a cria morre afogada, as orcas poden alimenticiase sen problemas.
Hai tamén un caso rexistado de probable canibalismo. Un estudo levado a cabo por V. I. Shevchenko nas áreas temperadas do Sur do Pacífico en 1975 rexistou a existencia de restos doutras orcas no estómago de dous machos. Das 30 orcas capturadas e examinadas nesta investigación, 11 tiñan o estómago completamente vacio. Unha percentaxe invulgarmente alta que indicia que o canibalismo foi forzado, debido á falta extrema de alimento.
Máis frecuentemente, con todo, as orcas predan preto de 30 especies diferentes de peixes, nomeadamente o salmón (incluindo salmón-real e salmón-prateado), arenques e atún. O tiburón-frade, o tiburón-galla-branca-oceánico e, moito ocasionalmente, o tiburón-branco, son tamén cazados polos seus fígados altamente nutritivos, considerandose tamén que son cazados no sentido de eliminar ao máximo a competición. Outros mamíferos mariños, incluindo varias especies de focas e leóns mariños son tamén procurados polas poboacións que viven nas rexións polares. Morsas ou lontras mariñas son tamén cazadas, mais menos frecuentemente. A súa dieta inclúe aínda sete especies de aves, incluindo todas as especies de pingüinos ou aves mariñas, como os corvos-mariños. Alimentanse tamén de cefalópodos, como o polbo ou lulas.
As orcas son moito inventivas, e dunha crueldade brincallona impresionante nas súas matanzas. Por veces, atiron focas unhas contra as outras, polo ar, de modo a atordoálas e matálas. Encanto que os salmóns son, xeralmente, cazados por unha orca isolada ou por pequenos grupos, os arenque son moitas veces apañados pola técnica da captura en carrosel: as orcas forzan os arenques a concentrarense nunha bola apertada, cercandoos e asustandoos soltando bollas de ar ou encandeandoos co seu ventre branco. As orcas baten, entón, cos lobos da cauda sobre o grupo arrebañado, atordoando ou matando preto de 10 a 15 arenques con cada pancada. A captura en carrosel só foi documentada na poboación masculina de baleas asasinas de Tysfjord (Noruega) e no caso de algunhas especies oceánicas de golfiños. Os leóns mariños son mortos por golpes de cabeza ou pancadas cos lobos da cauda.
Varias poboacións no mundo utilizadan outras técnicas máis especializadas: Na Patagonia, as orcas alimentanse de leións mariños dos sur e crias de elefantes mariños, forzando as presas a dar á costa, mesmo correndo o risco de elas mesmas ficaren, temporalmente, en terra. As orcas observan o que se pasa á superficie, a través dun comportamento designado de spyhopping, que lles permite localizar focas a descansar sobre masas de xelo flotante. A técnica consiste en criar unha onda que obrigue o animal a cair á auga, onde outra orca o espera, para o matar.
En media, unha orca come preto de 60 kg de comida por día. Con unha tal variedade de presas e sen outros predadores que non o home, é un animal ben no topo na cadea alimenticia.
[editar] Sons
Tal como os outros golfiños, as orcas son animais cun comportamento vocal complexo. Producen unha grande variedade de estalidos e asobios usados en comunicación e ecolocalización. Os tipos de vocalización varian co tipo de actividade. Naturalmente que, encanto descansan, emiten menos sons, aínda que fan ocasionalmente un chamamento ben distinto daqueles que usan nun comportamento máis activo.
Os baleais sedentarios teñen unha maior tendencia para a vocalización que os grupos nómadas. Os científicos indican dúas razons principais para este feito. En primeiro lugar, as orcas residentes manténse no mesmo grupo social por moito máis tempo, desenvolvendo, así, relacións sociais máis complexas - o que implica tamén un maior desenvolvimento lugar/local e unha maior partilla de sons proprios do grupo. Os grupos nómadas, como fican xuntos por períodos máis pasaxeiros (algunhas horas ou días), comunican tamén menos. En segundo lugar, as orcas nómadas teñen maior tendencia para se alimenticiaen de mamíferos, ao contrario das orcas residentes, que preferen peixes. As orcas predadoras de mamíferos necesitan, naturalmente, de pasar despercebidas polos animais que pretenden apañar de surpresa. Usan por iso, apenas estalidos isolados (o chamado "estalido críptico") para ecolocalización, en vez da longa serie de estalidos observada noutras especies.
Os grupos residentes presentan dialectos rexionais. Cada baleal ten as súas proprias "cancións" ou conxuntos de asubíos e estalidos que repeten constantemente. Cada membro do baleal parece coñecer todo o repertorio do grupo, de forma que non é posíbel identificar especificamente un animal apenas pola súa voz - é só posible identificar o grupo dialectal. Unha canción pode ser específica dun grupo ou partillada por varios. O grao de semellanza nas vocalizacións de dous grupos distintos parece estar máis relacionada coa proximidade xenealóxica dos dous grupos que coa proximidade xeográfica. Dous grupos que partillen un conxunto de ancestros comuns mais que vivan en lugares distantes continuarán a ter un repertorio de cancións moi semellante. Isto suxere que as cancións pasen de nai a fillo durante o período de amamentación.
[editar] As orcas na historia
Aínda que non se clasificaron como especie ata 1758, a orca xa era coñecida polo ser humano desde tempos prehistóricos. A cultura desértica de Nazca representou unha orca, debuxada polas famosas liñas de Nazca, nunha data indeterminada entre 200 a.C. de 600 d. C.
A primeira descripción escrita dunha orca foi de Plinio, o Vello, na súa Historia Natural, escrita preto de 50 a.C.. A aura de invencibilidade, ligada a unha imaxe voraz da orca, estaba xa ben establecida por esta altura. Ao asistir á matanza pública dunha balea encallada no porto de Roma, Plinio escrebeu: "As orcas (cunha aparencia que non hai imaxe que consiga expresar, non era máis quen unha enorme masa de carne selvaxe con dentes) son inimigas das outras baleas... Atacannas e rasgamlles a carne como navíos de guerra en golpes bélicos."
Tribos aboríxes do Noroeste do Pacífico da América do Norte, como a Tlinxit, Haida, e Tsimshian destacan con frecuencia a orca na súa relixión e artesanía.
[editar] As orcas e o home moderno
[editar] Caza
As orcas tornaranse branco da caza á balea comercial a partir de meiados do século XX debido ao esgotamento das reservas de especies de maior porte. Esta actividade tivo un final abrupto en 1981 coa implementación dunha moratoria internacional sobre a caza á balea. Aínda que dun ponto de vista taxonómico a orca sexa máis un golfiño que unha balea, o seu tamaño xustifica a súa inclusión entre as especies protexidas pola Comisión internacional para a caza da balea.
O país que máis orcas cazaba era a Noruega que capturou, en media, 56 animais por ano, de 1938 a 1981. O Xapón capturou, tamén en media, 43 baleas asasinas por ano, de 1946 a 1981. (non hai dados fiables sobre os anos de guerra, mais supoñese que teñan sido cazados menos exemplares). A Unión Soviética cazaba unha pequena cantidade de animais todos os anos no Antárctico, á excepción dunha época extraordinaria de caza, ocorrida en 1980, durante a cal se capturaron 916 orcas.
Hoxe en día, non é realizada caza substancial á especie. O Xapón captura alguns individuos case todos os anos, no ámbito dun programa de "investigación científica" controverso. É proseguido un nivel de captura igualmente baixo pola Indonesia e Gronelandia. Alén de cazadas para serviren de alimento humano, as orcas son tamén mortas porque alguns defenden que entron en competición cos pescadores. Na década de 1950, a Forza Aérea dos Estados Unidos da América, a petición do Governo da Islandia, usou bombas e armas de fogo sobre grupos de orcas nas augas da Islandia, baixo ese mesmo pretexto. A operación foi considerada un éxito polos pescadores e polo governo islandés. Os opositores desta medida afirmaron, sen embargo, que a caída nas reservas de peixe debese á pesca excesiva por parte do ser humano. Este debate continua sen que cada parte aceite ceder terreno á outra.
As orcas son aínda, ocasionalmente, mortas debido ao medo que a súa reputación provoca. Aínda que nengún ser humano teña sido atacado por unha orca en liberdade, os mariñeiros do Alaska matannas para protexerense. Este medo estáse disipando nos últimos anos debido a unha mellor información das poboacións en relación á especie, alén da popularidade que estes animais teñen en acuarios e outras atraccións turísticas afins.
[editar] Cativeiro
A intelixencia das orcas, a facilidade en treinálas, a súa aparencia impresionante, o seu comportamento brincallón en cativeiro e o seu tamaño anormalmente grande tornaas un animal bastante popular como exibición en acuarios e en espectáculos acuáticos, como en parques temáticos. A primeira captura e exibición dunha orca tivo lugar en Vancouver, en 1964. Durante os 15 anos seguintes, preto de sesenta ou setenta orcas foron retiradas das augas do Pacífico con este fín. No final dos anos 70, e na primeira metade da década de 1980, as augas da Islandia eran a orixe de moitos dos animais capturados - nos cinco anos antes de 1985, capturaranse ahí 50 orcas. Desde esa altura que as orcas son criadas desde nacenza en cativeiro, sendo raras os espécimes selvaxes nestas condicións. O cativeiro pode, con todo, levar ao desenvolvimento de determinadas patoloxías como o colapso da barbatana dorsal, verificada en 60 a 90% dos machos cativos.
Xa ocorreron alguns ataques ou accidentes con orcas en cativeiro, envolvendo seres humanos. En 1991, un grupo de orcas foi responsable pola morte dunha treinadora, Keltie Byrne, en Sealand, Victoria, na Columbia Británica (onde os empregados non estaban autorizados a permanecer na auga coas orcas). Crése que esta morte teña sido provocada polo feito das orcas non se aperceberen que o ser humano non é capaz de sobreviver debaixo de auga, polo que se xulga que se trata apenas dun comportamento brincallón, mais tráxico. O mesmo se considera que teña acontecido en 1999, no parque SeaWorld en Orlando, Florida, onde unha orca terá alegadamente matado un turista que entrou de forma subrepticia na piscina, durante a noite. Hai quen considere que o mesmo poida ter morrido de hipotermia. No final de Xullo de 2004, durante un espectáculo no parque SeaWorld, en San Antonio, Texas, unha orca empurrou o seu instrutor (despois de dez anos de convivio entre os dous) para debaixo de auga, impedindoo de atinxir a borda da piscina. Só despois dalguns minutos de angustia os seus colegas conseguíronno salvar.
Outro incidente tráxico coas orcas ocorreu en agosto de 1989, cando unha fémea dominante, Kandu V, se atirou a unha orca recén-chegada, Corky II, mordendoa durante un espectáculo acuático. Corky II tiña sido tracida da Marineworld, na Califórnia apenas alguns meses antes do acidente. De acordo con testemuños, ouviuse unha dentada sonora ao longo do estadio. Aínda que os treinadores teñan tentado continuar o espectáculo, a dentada provocou a fragmentación do maxilar da orca atacante, provocando o corte dunha arteria que comezou a xurrar sangue. Despois de evacuar á multitude de espectadores e despois dunha hemorraxia de preto de 45 minutos, Kandu V morreu. Os opositores deste xénero de espectáculo referense frecuentemente estes incidentes nas súas críticas e argumentos para a súa abolición.
A SeaWorld continuou implicada en varias prácticas criticadas por movimentos a favor dos dereitos dos animais, como a manutención de orcas capturadas no meo selvaxe. A asociación Born Free Foundation criticou este emprendimento por manter en cativeiro, despois de varios anos, a orca Corky II, que querían devolver á súa familia no grupo (baleal) A5 Pod — na Columbia Británica, no Canadá.
[editar] Cultura popular
Ata ao final da década de 1970 que as orcas eran presentadas de forma negativa na ficción, como predadores feroces que os herois da historia tiñan de enfrentar para salvar as presas. O exemplo máis extremo talvez sexa un filme que tivo, aliás, pouca aceitación do público: Orca onde se descrebe a historia dunha orca que se decide vingar dos seres humanos responsables pola morte do seu compañeiro (a historia remete de inmediato para o argumento de Jaws - Tiburón, de Steven Spielberg).
Con todo, a investigación sobre a vida destes animais e a súa popularidade nos espectáculos acuáticos reabilitou case por completo a imaxe pública da especie. De feito, o público rapidamente concedeu a este animal o estatuto dun respeitable e nobre predador, o que non aconteceu, por exemplo, con outros predadores, como o lobo, que continua a ter unha posición menos favorecida no imaxinario popular.
O filme Free Willy (Liberar a Willy, en Portugal) (de 1993) enfocouse, con algún éxito, na loita pola liberación dunha orca cativa. A balea asasina (un macho) usada nas filmaxes, Keiko, era orixinaria de augas islandesas. Despois da súa rehabilitación no Oregon Coast Aquarium en Newport, Oregon, voltou para os países nórdicos, no seu habitat natural, aínda que se mantivese dependente dos seres humanos, ata á súa morte, en decembro de 2003.
[editar] Ameazas ambientais
O derramamento de crude do petroleiro Exxon Valdez tivo un efeito particularmente adverso na poboación de orcas do Alaska. Un dos grupos de orcas foi apañado polo derrame. Aínda que teña consigo nadar para augas limpas, once membros do baleal (preto de metade) morreron nos días e semanas seguintes. O derramamento tivo outros efeitos a longo prazo, ao reducir a cantidade disponible de presas necesarias para a alimentación. En decembro de 2004, científicos da North Gulf Oceanic Society comprobou que o grupo AT1, agora apenas con sete membros, estaba afectado por algunha forma de esterelidade, xa que fallou, desde entón, calquer tentativa de reprodución. Esperase que a súa poboación decresza ata á súa extinción.
Tal como outros animais de niveis tróficos máis elevados da cadea alimenticia, a orca é particularmente susceptible ao envenenamento pola acumulación de bifenil policlorado (ou PCBs) no corpo. Unha investigación efectuada sobre orcas residentes ao longo da costa de Washington demonstra que os niveis de PCB son máis elevados nestes animais que os niveis atopados en espécimes de foca común na Europa, envenenados e coa súa saúde gravemente afectada por este produto químico. Con todo, non hai calquer evidencia de doenza nas orcas, aínda que se supoña que teña efeitos, por exemplo, na taxa de reprodución que poderá decrescer no futuro.
As orcas son obrigadas a enfrentar outras ameazas ambientais, como a indústria turística que, a través da organización extensiva de actividades de observación de baleas, parece ter efeito en algunhas mudanzas comportamentais destes animais. Foi tamén probado como os ruídos de elevada intensidade en navios modificaron a frecuencia dos cantos e chamamentos específicos da especie.
[editar] Bibliografía
- Guardians of the Whales, Graeme Ellis and Bruce Obee, Whitecap Books;
- Killer Whales, John K.B. Ford, Graeme Ellis, Kenneth C. Balcomb, UBC Pres
- Orca: The Whale Called Killer, Erich Hoyt, Camden House Publishing;
- Killer Whale, John K.B. Ford, pp669–675 in the Encyclopedia of Marine Mammals, Academic Pres;
- National Audubon Society Guide to Marine Mammals of the World, Reeves, Stewart, Claphan and Powell. Alfred A. Knopf.;
[editar] Ligazóns Externas
- Fotos da Monterey Bay Whale Watch: Orcas atacando baleas cincentas
- Arquivo de imaxes de orcas do árctico noruegués.
- Fotografías de orcas do Canadá.