Fonemática
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ante a fonoloxía, que é a rama da lingüística que estuda os sistemas fónicos das linguas, e fronte á fonética (estuda a articulación física da linguaxe), a fonemática é o estudo dos sons no discurso, dado que, cada vez que se emite unha sílaba ou palabra, non se realiza do mesmo xeito, porque cada emisión depende dos outros sons que a rodean. Os sons adquiren valores distintos segundo a función que ocupen nun contexto dado, con todo existen uns trazos que non varían e que permiten recoñecelos sen confusións en calquera posición.