Erasmo de Róterdam
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Desiderius Erasmus Roterodamus, coñecido como Erasmo de Róterdam, (nacido probabelmente o 27 de outubro de 1466 en Róterdam - falecido a 12 de xullo de 1536 en Basilea) foi un teólogo e un humanista neerlandés.
Naceu en Geert Geertsen, en Róterdam, Holanda do Sur, Países Baixos. El consideraba (erroneamente) que a raíz da palabra Geert tiña orixe en begeren (desexar) e traduciu isto para o Latín e para o Grego. A información sobre a súa familia e sobre a súa xuventude está vagamente referida nos seus escritos. El era case seguramente fillo ilexítimo. Seu pai foi un cura chamado Gerard. Pouco se sabe sobre a súa nai mais aló do nome: Margarete. A pesar de ilexítimo, seus pais coidaron del ata as súas mortes prematuras, coa Peste negra, en 1483. Nesa época, a súa educación ficou a cargo dunha serie de mosteiros, e foi unha educación exemplar, a mellor posíbel a un rapaz do seu tempo.
Foi admitido no sacerdocio e fixo a promesa de monxe aos 25 anos, aproximadamente. Parece, no entanto, que nunca traballou como cura. A vida monástica foi mesmo un dos principais obxectos dos seus ataques, nunha vida plena de críticas e ataque ao males da igrexa.
El frecuentou o Collège Montaigu en París e continuou os seus estudos na Universidade de París, entón o principal centro da escolástica, a pesar da influencia crecente do Renacemento da cultura clásica, que chegaba de Italia. Erasmo optou por unha vida de académico independente, independente de país, independente de lazos académicos, de lealdade relixiosa, e de todo o que puidese interferir coa súa liberdade intelectual e a súa expresión literaria. Os principais centros da súa actividade foron París, Lovaina, Inglaterra e Basilea. No entanto, nunca pertenceu firmemente a ningún destes sitios. O seu tempo en Inglaterra foi frutuoso, tendo feito amizades para a vida cos líderes ingleses, mesmo nos días tumultuosos do rei Henrique VIII: John Colet, Thomas More, Thomas Linacre e William Grocyn. Na Universidade de Cambridge foi o profesor da divindade de Lady Margaret e tivo a opción de pasar o resto da súa vida como profesor de inglés. El estivo no Queens' College, en Cambridge e é posíbel que fora alumno.
Fóronlle ofrecidas varias posicións de honra e proveito a través do mundo académico, mais el declinounas todas, preferindo a incerteza, tendo no entanto receitas suficientes da súa actividade literaria independente.
Entre 1506 e 1509 estivo en Italia. Pasou alí unha parte do seu tempo na casa editorial de Aldo Manuzio en Venecia. A pesar disto, tivo unha asociación con académicos italianos menos activa do que se esperaba.
A súa residencia en Lovaina expuxo a Erasmo a moitas críticas mesquiñas por parte daqueles que eran hostís aos principios do progreso literario e relixioso aos cales el dedicaba a vida. El interpretaba esta falta de simpatía como unha persecución e procurou refuxio en Basilea, onde, baixo abrigo de hospitalidade suíza, pulido expresarse libremente e onde estaba rodeado de amigos. Foi aló que el estivo asociado por moitos anos co grande editor Froben, e a onde unha multitude de admiradores de (case) todos os cantos da Europa o viñeron visitar.
A produtividade literaria de Erasmo comezou relativamente tarde na súa vida. Apenas cando el dominou o Latín é que comezou a escribir sobre grandes temas contemporáneos en Literatura e en Relixión. A súa revolta contra as formas de vida da igrexa non resultou tanto de dúbidas canto á verdade da doutrina tradicional, nin dalgunha hostilidade para coa organización da Igrexa. Sentiu antes a necesidade de aplicar os seus coñecementos na purificación da doutrina e na liberalización das institucións do cristianismo.
Como académico, tentou liberar os métodos da Escolástica da rixidez e do formalismo das tradicións medievais, mais non ficou satisfeito. El viuse como o pregador da rectitude. A súa convicción en toda a vida foi que o que era necesario para rexenerar a Europa era unha aprendizaxe sa, aplicada liberalmente e sen receos pola administración de asuntos públicos da Igrexa e do Estado. Esta convicción confire unidade e consistencia a unha vida que, doutra forma, pode parecer plena de contradicións. Erasmo viuse libre e distante de calquera obrigacións comprometedoras; no entanto Erasmo foi, nun sentido singularmente verdadeiro, o centro do movemento literario do seu tempo. El correspondeu con máis de quiñentos homes da maior importancia no mundo da política e do pensamento, e o seu consello en varios asuntos era procurado avidamente, se ben que nin sempre seguido.
Cando a súa estadía en Inglaterra, Erasmo iniciou o exame sistemático dos manuscritos do Novo Testamento, por forma a preparar unha nova edición e unha tradución para Latín. Esta edición publicouse por Froben de Basilea en 1516 e foi a base da maioría dos estudos científicos da Biblia durante o período da Reforma.
El publicou unha edición crítica do Novo Testamento Grego en 1516 - Novum Instrumentum omne, diligenter ab Erasmo Rot. Recognitum et Emendatum. A edición incluíu unha tradución en Latín e anotacións. Baseouse tamén en manuscritos adicionais recentemente descubertos.
Na segunda edición, o termo máis familiar "Testamentum" usouse en vez de "Instrumentum". Esta edición usouse polos tradutores da versión da Biblia do Rei James de Inglaterra. O texto ficou coñecido máis tarde como o textus receptus. Erasmo publicou máis tres edicións - 1522, 1527 e 1535. Foi a primeira tentativa por parte dun académico competente e liberal de averiguar aquilo que os escritores do Novo Testamento tiñan efectivamente dito. Erasmo dedicou o seu traballo ao Papa León X, como patrono da aprendizaxe, e considerou o seu traballo como o seu principal servizo á causa do Cristianismo. Inmediatamente despois, comezou a publicación das as súas paráfrases do Novo Testamento, unha presentación popular do contido de varios libros. Este, como todos os seus libros, publicouse en Latín, mais as súas obras eran inmediatamente traducidas noutras linguas, co seu encoraxamento. O movemento de Martiño Lutero comezou no ano seguinte á publicación do Novo Testamento, e foi un test ao carácter de Erasmo. A discusión entre a sociedade europea e a Igrexa Católica Romana tornárase tan aberta que poucos se podían furtar a un pedido dunha opinión. Erasmo, no auxe da súa fama literaria, foi inevitabelmente chamado a tomar partido por un dos lados, mais o partidismo era algo de estraño á súa natureza e hábitos.
En toda a súa crítica ás parvadas clericais e aos abusos, el sempre afirmara que non estaba a atacar as institucións da Igrexa en si e non era un inimigo do clero. O mundo enteiro tiña rido coas as súas sátiras, mais poucos interferiron coas súas actividades. El consideraba que o seu traballo ata entón o recomendaba ás mellores mentes e aos poderes dominantes no mundo relixioso.
Erasmo tiña unha simpatía polos puntos principais da crítica luterana á Igrexa. Tiña un gran respecto persoal por Martiño Lutero e Lutero sempre falaba de Erasmo con reverencia polo seu coñecemento. Lutero esperaba obter a súa cooperación nun traballo que parecía o resultado natural do seu propio. Na súa troca de correspondencia inicial, Lutero expresou unha intensa admiración por todo o que Erasmo fixera pola causa dun cristianismo saudábel e razoábel e animouno a unirse ao movemento.
Erasmo declinou calquera compromiso, argumentando que se o fixese estaría a colocar en risco a súa posición como líder dun movemento por unha sabedoría pura, o que el vía como o obxectivo da súa vida. Apenas como un académico independente podería el aspirar a influenciar a reforma da relixión. A obra de Lutero foi a de prover unha nova base doutrinal para as tentativas ata entón dispersas de iniciar unha reforma. Ao reavivar os principios case esquecidos da teoloxía de Agostiño, Lutero tiña fornecido o necesario impulso para o interese persoal na relixión, o que é a esencia da Reforma Protestante. Erasmo, no entanto, temía calquera mudanza na doutrina e consideraba que non había espazo dentro das fórmulas existentes para o tipo de reforma que el apreciaba tanto.
Por dúas veces durante o debate, el entrou no campo da controversia doutrinal, unha área que era estraña á súa natureza e prácticas previas. Un dos tópicos con que lidou foi a liberdade da vontade, un punto crucial. No seu "De libero arbitrio diatribe sive collatio" (1524), el analiza con intelixencia e bon humor os exaxeros Luteranos sobre as obvias limitacións da liberdade humana. El presenta ambos os lados da discusión de forma imparcial. A súa posición foi de que o Home estaba obrigado a pecar, mais que tiña o dereito á misericordia de Deus, apenas se el a procurase polos medios que lle eran ofrecidos pola propia Igrexa. Era un Semi-Peliaxianismo relaxado, abrindo o camiño para o tipo de perversións que Erasmo e os reformadores combatían. A "diatribe" non encoraxaba calquera acción definida; este era o seu mérito aos ollos dos Erasmianos e o seu defecto aos ollos dos Luteranos.
Ao dubidar Erasmo en apoialo, isto pareceu aos ollos de Lutero, un home directo, un evitar de responsabilidade que era debido ou a covardía ou a falta de visión. Así e todo, o lado Católico Romano, que pretendía igualmente manter o apoio dun home que se declarara tantas veces como leal aos principios da Igrexa, viu na desgana de Erasmo en tomar partido un sinal de sospeita da deslealdade perante o Catolicismo. A actitude de Erasmo para coa Reforma Protestante pode así e todo verse como consistente.
Os males que el combateu foron os de forma ou foron males dun tipo curábel apenas por unha longa e lenta rexeneración na moral e vida espiritual na Europa. O programa da "Reforma de Erasmo" era de usar a aprendizaxe para remover os peores excesos. No entanto, fallou en ofrecer calquera método tanxíbel para aplicar os seus principios ao sistema da Igrexa existente. Cando Erasmo acusouse de ter "posto o ovo que Lutero chocou" el admitiu parcialmente a verdade da acusación mais dixo que esperaba unha outra especie de paxaro completamente diferente.
Á medida que a opinión pública comeza a reaccionar ás opinións de Lutero, as desordes sociais que Erasmo temía comezaron a aparecer. A Guerra dos Campesiños, os disturbios do Anabaptistas na Alemaña e nos Países Baixos, iconoclastia e o radicalismo por todas as partes, parecen confirmar as súas previsións máis escuras: se este era o resultado da reforma, el prefería estar de fora. No entanto, el comezaba a acusarse cada vez máis pola "traxedia". Na Suíza, el estaba aínda máis exposto pola súa asociación con homes sospeitosos de doutrinas extremadamente racionalistas.
A cuestión-proba era a doutrina dos Sacramentos, e o cerne da cuestión a observancia da Eucaristía. En parte para se librar de sospeitas, Erasmo publicou en 1530 unha nova edición do tratado ortodoxo de Alxerus contra o herético Berengar de Tours no século XI. El acrecentou unha dedicatoria, afirmando considerar na realidade do corpo de Xesús Cristo despois da bendición na Eucaristía, mais admitía que a forma en que este misterio debería ser expresa fose materia de debate. Éralle aceptábel que a Igrexa pregase a doutrina á maioría dos cristiáns e a especulación ficase máis segura nas mans dos filósofos. Aquí e acolá Erasmo apunta o principio de que un home pode ter dúas opinións sobre asuntos relixiosos, unha para si mesmo e os seus amigos máis íntimos e outra para o público. Aqueles que se opuñan aos Sacramentos, liderados por Oecolampadius de Basilea, estaban, como Erasmo di, mencionándoo como alguén con ideas semellantes. El nega isto, mais na súa negación trouxo aquilo que en conversas particulares tese como unha visión racional da doutrina da Eucaristía. Tal como no caso da vontade libre, non tiña aquí a aprobación da Igrexa.
A súa obra máis coñecida, "Praise of Folly" (gloria de parvada), foi dedicada ao seu amigo Sir Thomas More. En 1536 el escribiu "De puritate ecclesiae christianae", na cal el tentou reconciliar os diferentes partidos. Moito dos seus escritos apelan a unha grande audiencia e lidan con asuntos do interese humano xeral; el parece ter considerado estes como unha diversión, unha actividade de lecer. Os seus escritos máis serios comezaron cedo coa "Enchiridion Militis Christiani" , o "Manual (ou adaga) do cabaleiro cristián" (1503). Nesta breve obra, Erasmo esquematiza as perspectivas da vida cristiá normal, unha tarefa que se lle tornaría constante na súa vida. O principal mal dos seus días, di el, é o formalismo, un respecto por tradicións sen consideración polo verdadeiro ensino de Cristo. O remedio é que cada home se pregunte a cada punto: cal a cousa esencial ?; facéndoo sen receo. Formas poden esconder ou sufocar o espírito. Na súa exame dos perigos do formalismo, Erasmo discute a vida monástica, a adoración de santos, a Guerra, o espírito de clase e as fraquezas da "sociedade", mais o "Enchiridion" é máis un sermón do que unha sátira. O seu texto acompañante, o "Instituto Principis Christiani" (Basilea, 1516), foi escrito como consello ao novo Rei Carlos de España, máis tarde Carlos V, Sacro-Emperador Romano. Erasmo aplica os principios xerais de honra e de sinceridade ás especiais funcións do Príncipe, quen el presenta como un servidor do pobo.
Como resultado das as súas actividades reformadoras, Erasmo viuse en conflito con ambas as grandes posicións. Os seus últimos anos de vida ofuscáronse por controversias amargas con persoas para quen el sería normalmente simpático. Notabelmente entre estes atopábase Ulrich von Hutten, un xenio brillante mais errático, que se entregara á causa de Lutero e tiña declarado que Erasmo, se tivese unha faísca que fose de honestidade, faría o mesmo. Na súa resposta "Spongia adversus aspergines Hutteni" (1523), Erasmo demostra o seu pleno dominio da semántica. El acusa a Hutten de interpretar mal o seu discurso sobre a reforma e reitera a súa determinación en non tomar partido nunca.
Cando a cidade de Basilea se tornou oficialmente "reformada" en 1529, Erasmo deixou de residir alí, téndose mudado para a cidade imperial de "Freiburg in Breisgau". Parece indicar que el viu como máis fácil manter a súa neutralidade baixo o dominio Católico Romano do que en condicións protestantes. A obra máis importante deste último período é a "Ecclesiastes", ou "Pregador do Evanxello" (Basilea, 1535), na cal el apunta a función de pregador como o servizo máis importante do padre cristián, unha énfase protestante. O seu pequeno tratado de 1533, "Preparación para a Morte", no cal el coloca énfase na importancia dunha boa vida como condición esencial para unha morte feliz, mostra outra tendencia.
Erasmo retornou a Basilea, a súa casa máis feliz, en 1535, despois dunha ausencia de seis anos. Alí, de novo entre o grupo de académicos protestante que eran os seus amigos de longa data, e sen ter ningún contacto coñecido coa Igrexa Católica Romana, Erasmo faleceu. Durante a súa vida, as autoridades da Igrexa Católica nunca o chamaran a xustificar as súas opinións. Os ataques á súa persoa foron de persoas privadas, e os seus protectores foran persoas de altas posicións. Despois da súa morte, como reacción da Igrexa Católica Romana, os seus escritos virían a ser colocados no Catálogo de libros prohibidos. (Ver:Index Librorum Prohibitorum)
A popularidade extraordinaria dos seus libros fica patente polo número de edicións e traducións que surxiron desde o século XVI, e no interese permanente que suscita pola súa personalidade esquiva mais fascinante. Dez columnas do catálogo da "British Library" están ocupados coa mera enumeración das súas obras e subsecuentes reedicións. Grandes nomes da era clásica e dos pais da igrexa foron traducidos, editados ou comentados por Erasmo, incluíndo Santo Ambrosio de Milán, Aristóteles, Santo Agostiño, San Basilio, San Xoán Crisóstomo, Cícero, e Santo Xerónimo.
Erasmo faleceu en Basilea, Suíza.