Epilepsia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A epilepsia é unha enfermidade caracterizada polo padecemento de crises epilépticas ou convulsións. Non en tódalas persoas que padecen unha crise epiléptica se diagnostica coma epilepsia. Consideranse epilépticos cando padecen polo menos dúas convulsións. Unha crise epiléptica ocorre cando unha actividade anormal eléctrica no cerebro causa un cambio involuntario de movemento ou función do corpo, de sensación, na capacidade de estar alerta ou de comportamento. A crise pode durar desde uns segundos ata varios minutos. Hai máis de 20 tipos diferentes de crises epilépticas.
Os síntomas que experimenta unha persoa durante unha crise epiléptica dependen de lugar no cerebro no cual ocorre a alteración da actividade eléctrica. Unha persoa que ten unha crise tonicoclónica (tamén chamada de grand mal) pode berrar, perdé-lo senso e esvaerse ou porse ríxido e con espasmos musculares. Outro tipo de crise epiléptica é a chamada crise parcial complexa, na que o paciente pode parecer confundido ou atordoado e non poderá respondar a preguntas nin instruccións. Outras persoas teñen ataques moi leves que nin sequera son notados por outros. Algunhas veces, a única manifestación da crise epiléptica é un palpebrexar rápido ou algúns segundos de mirada perdida con desconexión do medio; a este tipo de crise epiléptica chámaselle ausencia e é relativamente frecuente na infancia.
A epilepsia pode ter moitas causas; nuns casos é debida a lesións cerebrais de cualquera tipo (traumatismos craniais, secuelas de meninxite, tumores, etc.) pero en moitos casos non hai ningunha lesión, senón únicamente unha predisposición de orixe xenética a padece-las crises. Con tratamento médico é posible o control das crises nun elevado porcentaxe de pacientes.