Elizabeth Blackwell
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Elizabeth Blackwell (Elizabeth Garrett Anderson, 3 de febreiro de 1821 – 31 de maio de 1910) foi a primeira muller en practicar a medicina nos tempos modernos. Naceu en Bristol (Inglaterra) filla dun empresario refinador de azucre que afrontou dar ós seus numerosos fillos e fillas unha educación. No 1831, a familia emigrou ós Estados Unidos e montou unha refinería en Nova York. Tra-la morte do pai, adicouse á ensinanza. Querendo adicarse á práctica de medicina, exerceu en casa dun médico, e usou o seu tempo libre no estudo dos libros dos que dispoñía. Participou no movemento anti-esclavista.
Blackwell tentou a entrada en varios centros médicos punteiros, e foi rexeitada. Intentouno de novo en centros menos resaltantes, incluído o Geneva College en Nova Iorque. Alí foi aceptada – como anécdota, porque a facultade deixou a decisión no voto dos estudantes – e venceu o prexuizo de angúns profesores e estudantes para completar a súa formación. Foi a primeira da súa promoción. O 23 de xaneiro de 1849, convertiuse na primeira muller que obtivo o título para a práctica da medicina en Estados Unidos.
Impedida de exercer en varios hospitais, fundou o seu propio hospital, o Hospital de Nova Iorque para mulleres e nenos indixentes (New York Infirmary for Indigent Women and Children) no 1857. Cando comezou a Guerra Civil Americana, formou enfermeiras, e no 1868 fundou o Colexio Médico de Mulleres co fin de formar mulleres en medicina. No 1869 deixou á súa irmá Emily ó coidado do Colexio e voltou a Inglaterra. Entón, con Florence Nightingale, abriu o Colexio Médico de Mulleres. Blackwell ensinou na recién creada Escola Londinense de Medicina para Mulleres e convertiuse na primeira muller no Rexistro Médico do Reino Unido. Reitrouse á idade de 86 anos.
A súa guía de educación sexual, “A Educación Moral dos xóvenes”, foi publicada en gran Bretaña, así como a súa autobiografía, Traballo Pioneiro na Apertura da Profesión Médica para Mulleres (Pioneer Work in Opening the Medical Profession to Women, 1895). Á súa morte, foi incinerada nun lugar remoto de Escocia.