Diomedes
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Diomedes (en grego Διομήδης) foi un heroe aqueo, fillo de Tideo, rei de Etolia, e de Deípile, filla de Adrasto, rei de Argos, cidade na que naceu e se criou. Casou coa súa tía (noutras versións, a súa curmá) Egialea.