Democracia Cristiá
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A democracia cristiá é unha ideoloxía política que ten existido desde os derradeiros anos do século XIX, cando o papa León XIII escribiu a encíclica Rerum Novarum, unha resposta ó socialismo e ós novos sindicatos na cal o Vaticano recoñeceu as privacións do traballador e se dispuso a alivialas.
A Igrexa Católica aclarou a súa posición ó respecto na Quadragesimo Anno, unha encíclica feita polo papa Pío XI en 1931. Aínda que hai moitas formas de democracia cristián, xeralmente están de acordo en certas materias. A súa idea do Estado non corresponde á dos liberais: debe ser descentralizado e estar composto de varios conxuntos, pero debe ter unha capacidade indiscutible. Os demócratas cristiáns cren que a sociedade debe ser responsable pola economía, pero non discuten os principios do capitalismo. A democracia cristiá seméllase máis ó socialismo cristián en que cre que o deber do Estado é coidar polos seus ciudadáns.
Os democristiáns xeralmente seguen a posición do Vaticano en temas morais. Sen embargo, a maioría deles teñen aceptado o divorcio e o goberno secular.
A democracia cristián ten sido máis prominente en Italia, Alemaña e Sudamérica, destacando Chile, país que tivo tres presidentes desa tendenza: Eduardo Frei Montalva (1964-1970), Patricio Aylwin Azócar (1990-1994), Eduardo Frei Ruiz-Tagle (1994-2000).
O partido político que actualmente controla Turquía pódese describir como democracia musulmá.
[editar] Véxase Tamén
- Internacional Demócrata Cristiá
- Unión Internacional Demócrata
- Partido Demócrata Cristián