Confucionismo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O confucionismo ou confucianismo é o conxunto de doutrinas morais e relixiosas predicadas por Confucio entre os séculos VI e V a. de C. É unha mestura do culto á natureza (As 5 Montañas sagradas ) e ós antepasados.
Foi a relixión oficial de China ata 1912, cando foi proclamada a República. Estruturou o pensamento chinés xunto co taoísmo e o budismo.
O confucianismo desenvolve a preocupación humanista de Confucio, centrada na idea do home moralmente superior (jun zi) e dunha sociedade ben ordenada. Este home debe ser sabio, humano e animoso e estar impulsado polo conceito de xustiza, deixando ao lado o seu beneficio persoal. Outros conceitos asociados son o da rectitude, o termo medo e a virtude da humanidade (ren). Mencio iafirmou que o home é bon por natureza; esta tendencia idealista contraponse á naturalista de Xun Zi, para quen o home e mau e egoísta. O confucianismo foi adoptado como ideoloxía oficial do estado no 136 a.C.. No século XI apareceu o neoconfucianismo, que introduciu o estudo da natureza e do principio do home e das cousas.