Carl Orff
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Carl Orff (Múnic, 10 de xullo de 1895 - †Múnich, 29 de marzo de 1982) compositor alemán.
Índice |
[editar] Vida
Orff sempre escusaba de falar do seu pasado. É sabido que naceu nunha familia de Bavaria, moi activa nas forzas militares alemanas.
Orff estudou na Academia de Música de Múnic até 1914. Despois serviu nas forzas armadas de Alemaña durante a Primeira Guerra Mundial. Trala guerra volta a Múnich para continuar estudando música.
En 1925, Orff funda conxuntamente con Dorothea Günter Schulle unha escola para actividades físicas, música e danza, na súa cidade natal. Neste período desenvolve as súa teorías sobre educación musical.
En canto a asociación de Orff co nazismo, nunca foi comprobada, Carmina burana era moi coñecida na Alemaña nazi. Orff era moi amigo de Kurt Huber, un dos fundadores do movemento de resistencia de Die Weiße Rose (A rosa branca), que foi condenado a morte polo Volksgerichtshof e executado polos nazis en 1943. Despois da Segunda Guerra Mundial, Orff alegou ter sido membro do grupo da resistencia, pero non hai evidencias excepto as súas palabras
Orff foi enterrado en Andechs.
[editar] Traballo musical
Orff é coñecido por Carmina burana (1937), unha cantata. É a primeira dunha triloxía titulada Trionfi, que tamén inclúe "Catulli Carmina" e "Trionfo di Afrodite". Esas composicións refliten o seu interese pola poesía medieval. O traballo foi baseado no verso erótico do século XXIII dun manuscrito chamado Codex latinus monacensis, encontrado nun mosteiro da Baviera en 1803 escrito polos goliardos. Apesar de ser moderno nalgunhas das súas composicións, Orff soubo capturar o espírito da era medieval na súa triloxía. Os poemas medievais foran escritos de forma arcaica de alemán e latín.
Orff non denominaba os seus traballos simplemente como óperas. Por exemplo, el chamou Der Moon (ou A lúa em alemán) (1939) como um Märchenoper (ou Ópera de conto de fadas). Die Kluge (A muller sabia) (1943).
[editar] Traballo pedagóxico
Na pedagoxía musical, Orff é recordado por Schulwerk (1930 - 1935). A utilización de instrumentos de percusión (xilófonos, carillóns, metalófonos, etc.) permítelles aos rapaces a posibilidade de aprender música, partindo de pezas musicais simples, ata pezas de alta complexidade.