Schulwerk
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Schulwerk (traballo escolar en Alemán), é un método pedagóxico para a ensinanza musical, que foi escrito en 1930 por Carl Orff.
[editar] A obra
Carl Orff recolle nesta obra as ensinanzas que impartira na escola que fundara en 1924 xunto con Dorothee Günter. Con esta obra, Orff introduce os instrumentos de percusión dentro da ensinanza escolar, e fomenta a prosodia (recitados rítmicos).
Nesta obra, traballase cunha escala pentatónica e os sons son estudados segundo a secuencia: SOL, MI, LA, DO, RE.
Para iniciarse no programa, o alumno empeza interpretando patróns rítmicos sinxelos, até chegar a interpretar pezas de conxunto cun xilófono, Glockenspiel e demáis instrumentos de percusión
[editar] Finalidade
A finalidade desta obra de Orff é o fomento no alumno da creatividade e da improvisación.