Bakú - Bakı
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Bakú ou Bacú (Bakí en azerí) é a capital e a maior cidade do Acerbaixán. Localizase nas marxes do mar Caspio. Tén preto de 1.841.000 habitantes.
Coñeceu un gran desenvolvemento no treito final do século XIX grazas á industria petrolífera. A súa conquista foi o grande obxectivo da campaña alemá no Caucaso durante a Segunda Guerra Mundial. Ata ao desenvolvemento da exploración de hidrocarburos na Siberia foi o principal centro petrolífero da URSS. Despois da independencia do Azerbaixán a cidade sofreu o impacto indirecto máis negativo da guerra do Alto Carabakh voltando a se recuperar lentamente. A abertura próxima do oleoduto Bakú-Ceyhan ten criado moitas esperanzas dun renacemento quer de Baku quer do Azerbaixán na sua totalidade.