As mil e unha noites
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
As mil e unha noites (كتاب ألف ليلة و ليلة en árabe ou هزار و یک شب en farsi) é unha compilación de contos persas.
[editar] Historia
O núcleo desas historias está collido do antigo libro persa Hezar-afsana (Mil mitos) (en farsi هزارافسانه), que posiblemente tiña orixe india. O último compilador e tradutor ao árabe foi Abu abd-Allah Muhammed el-Gahshigar no século IX. A historia de Sherezade semella que se engadiu no século XIV. A primeira tradución europea e a primeira versión impresa é do francés Antoine Galland (1704 - 1717) Les Mille et une nuits, contes arabes traduits en français que inclúe contos tradicionais árabes que non se incluían na versión orixinal. A primeira compilación árabe moderna publicouse no Cairo en 1835. Causou grande impacto en Occidente, sobre todo logo da tradución feita por Richard Francis Burton (1885-1888).
[editar] Estrutura
A estrutura do libro é unha historia que serve de marco a todas as outras. A historia marco é a do sultán Schahriar que sorprende a súa dona con outro home. Ordena matala e decide que cada día casará cunha moza virxe da nobreza, convivirán unha noite e á saída do sol mataraa. Así acontece varias veces, até que lle tocoa o turno a Sherezade, filla dun xeneral do reino, quen vai conseguir sobrevivir grazas ao seu talento como narradora: cada noite comezaba un conto que deixaba inacabado ata a noite seguinte, co que consegue conservar a vida. Finalmente, o sultán Schahriar decide quedar con Sherezade para sempre.
[editar] Contos
Entre os numerosos contos algúns fixéronse inmensamente populares:
- O pescador e o xenio
- Simbad, o mariño
- Aladino e a lámpada marabillosa
- Alí Babá e os corenta ladróns
- A Historia de Parisad e os seus irmáns