Zagreb
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Zagreb é a capital de Croacia, nela viven 973,667 habitantes (2005), 1.200.000 se contamos a área metropolitana que inclúe Samobor, Velika Gorica e Zaprešić. A cidade localízase na aba do macizo Medvednica, nas beiras do río río Sava. A Universidade de Zabreg que se fundou en 1669 é a máis importante do país. A cidade divídese en 16 distritos (gradske četvrti)
[editar] Historia
Aínda que a rexión estivo habitanda cando menos dende o Neolítico, a primeira mención a Zagreb data do 1094, ano no que o rei húngaro, Ladislao, fundou un mosteiro e ao seu arredor xurdiu un asentamento, que sufriu as consecuencias da invasión mongol de 1242, polo que ao finalizar esta o rei Bela IV declarouna cidade real para atraer a artesáns estranxeiros.