Xépidos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Pobo xermano procedente do baixo Vístula, asentáronse en Transilvania.
Foron dominados polos Hunos, combateron xunto a Atila na Batalla dos Campos Cataláunicos.
Trala morte de Atila os xépidos ao mando do seu rei Ardarico rebeláronse contra os hunos, aliáronse aos ostrogodos e hérulos para derrotaren aos fillos de Atila na beira do río Nedao.
No ano 565 estalou a guerra entre lombardos e xépidos, que, ante a superioridade dos lombardos, buscaron axuda do emperador Xustino II prometendo entregar a cambio a cidade de Sirmium.
Os lombardos foron derrotados e o rei xépido Cunimundo non cumpriu a súa promesa e retivo Sirmium, Os lombardos entón aliáronse aos ávaros e derrotaron totalmente aos xépidos matando ao seu rei e repartíndose todos os seus territorios cos ávaros.