Windows 2000
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Windows 2000 (coñecido tamén como Windows NT 5.0) é un sistema operativo de Microsoft dirixido a empresas na mesma liña que Windows NT, saíu ao mercado o 17 de febreiro de 2000, en catro versións: Professional, Server, Advanced Server e Datacenter Server. No ano 2001 apareceu Windows 2000 Advanced Server- Limited Edition que podía correr en microprocesadores Intel Itanium de 64 bit.
Unha importante característica é a total compatibilidade con versións anteriores do Windows 95 e Windows 98, e xunto coa sua estabilidade (non superior a do GNU Linux) fixo quedar en segudo plano ao Windows ME
[editar] Versións
Windows 2000 Professional, a versión básica de Windows 2000, entorno gráfico para oficinas, pequenos negocios e usarios particulares que precisaben corren aplicacións de alto rendemento como tratamento de imaxes dixitais ou deseño gráfico, soporta ata 2 microprocesadores.
Windows 2000 Server, servidor de pequenas empresas, soporta ata 4 microprocesadores.
Windows 2000 Advanced Server, servidor de grandes empresas, soporta ata 8 microprocesadores.
Windows 2000 Datacenter Server, servidor para empresas moi grandes, que o tiñan que solicitar expresamente, soporta ata 32 microprocesadores