Torsten Frings
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Torsten Frings | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | Torsten Frings | ||
Alcume: | ' | ||
Data de nacemento: | 22 de novembro de 1976 | ||
Lugar de nacemento: | Würselen, Alemaña | ||
Data de falecemento: | |||
Lugar de falecemento: | , | ||
Nacionalidade: | |||
Clube actual: | Werder Bremen | ||
Posición: | Mediocampista | ||
Altura: | 1,82 metros | ||
Partidos internacionais: | 61 | ||
Goles: | 8 (selección) | ||
Ano do debut: | 1996 | ||
Clube do debut: | Werder Bremen | ||
Ano do retiro: | 1973 | ||
Clube do retiro: |
Torsten Frings (nado o 22 de novembro de 1976 en Würselen, Alemaña) é un futbolista xermano que na actualidade está a xogar no Werder Bremen
Índice |
[editar] Carreira
A súa carreira comeza na terceira división xermana, no Alemannia Aachen, e na tempada 1996-97 foi transferido ao Werder Bremen. Eiquí ficou ata o ano 2002 xogando máis de 160 encontros de liga e anotando 15 goles.
Tras recibir varias ofertas optou polo Borussia Dortmund, co que foi titular habitualmente e amáis xogou 12 encontros de Liga de Campións.
Ao remate da tempada 2003-04 contrátao o Bayern Múnic, onde xogou bastantes encontros, mais fora da súa posición habitual, actuando de carrileiro na maioría dos encontros.
En xuño do 2004 volta ao Werder Bremen, onde fica ata o día de hoxe.
[editar] Estilo de xogo
Frings é un mediocampista versátil considerado por moitos coma o mellor da selección xermana xunta Michael Ballack e Miroslav Klose. Pode xogar en calquera posto do medio aínda que el prefire a posición de medio defensivo, con certa liberdade para incorporarse ao ataque cando a situación o precise.
[editar] No Mundial 2006
Frings anotou o cuarto gol de alemaña na vitoria 4-2 contra Costa Rica, un potente disparo dende máis de 30 metros que rematou na escadra esquerda do gardamallas costaricense.
No encontro contra a Arxentina, que rematou con vitoria xermana nos penaltis, Frings veuse envolto na tangana que se formou á finalización do partido. Isto acarreoulle dous encontros de sanción e non puido desputa-la semifinal contra a Italia. Alemaña perdeu 2-1 na prórroga.
[editar] Personal
- Torsten Frings está casado, a súa muller chámase Petra e teñen dúas fillas, Lisa-Katharina e Lena.
- Cre que Muhammad Ali é o mellor deportista de tódolos tempos
- Cre que os brasileiros Ronaldo e Kaká son dous dos mellores xogadores do mundo
- O seu xantar preferido é a pasta, e gústalle escoitar heavy metal.